Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Ana Belén Vázquez: “A prisión permanente revisable responde aos crimes máis atroces con garantías legais como no resto de Europa”

Imprimir ppou - 01-Marzo-2018 - 13:20:46 


• A deputada ourensá, nun foro de debate sobre esta figura penal organizado pola xunta local do PP, analizou esta figura penal e subliñou a ampliación dos casos de aplicación segundo unha emenda popular, que incluirá o delito de estragos por incendios forestais.

Ourense, 1 de marzo de 2018.- O Partido Popular seguirá defendendo a introdución no código penal español da prisión permanente  revisable “como resposta ao intenso clamor social fronte aos crimes máis atroces, con todos os avais e garantías legais, situándonos na órbita xurídica de todos os países da Unión Europea e ofrecendo ao penado un horizonte de liberdade e reinserción”.

  
  
Así resumiu a deputada popular Ana Belén Vázquez a figura da prisión permanente  revisable durante o foro de debate que, organizado pola xunta local do PP de Ourense, celebrouse na sede provincial.

No seu relatorio, Vázquez explicou os motivos que levaron ao PP á reforma do código penal -un compromiso electoral nas xerais de 2011- detallando o significado e os casos de aplicación da prisión permanente revisable, ademais de insistir nos avais cos que conta desde os ámbitos xudiciais españois ata o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e o recoñecemento por parte da Corte Penal Internacional.

A deputada ourensá foi especialmente crítica cos partidos que impulsaron a derrogación desta figura penal, “por esquecerse das vítimas e o seu oportunismo político, ademais da incongruencia de formacións como o PSOE que actúa ao revés dos seus homólogos europeos e en contra dos seus votantes, xa que o 88 % deles están a favor”.

Por último e como novidade, Ana Belén Vázquez explicou a emenda á totalidade que o PP presentou onte tarde á proposta de derogación, apuntando que se amplían de 8 a 13 os casos de aplicación da prisión permanente revisable, subliñando o delito de estragos e incendios, incluídos os forestais.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: