Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Trinta cargos populares ourensáns representarán á provincia na convención nacional que o PP celebrará en abril en Sevilla

Imprimir ppou - 19-Febreiro-2018 - 18:36:34 


• Na xunta directiva celebrada esta tarde, na que se escolleron a dez dos 32 membros da delegación, o presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou en clave electoral que “dependemos de nós mesmos porque vimos de traballar desde hai moito tempo, pero tamén hai que preparar unha axenda moi intensa a pouco máis dun ano para someternos á confianza dos cidadáns nas urnas”.
 
Ourense, 19 de febreiro de 2018.- Un total de 32 cargos do Partido Popular de Ourense, entre representantes natos e electos, integrarán a delegación ourensá que acudirá á convención nacional popular que se celebrará en Sevilla os días 6, 7 e 8 de abril. Dez destes representantes foron nomeados esta tarde na reunión da xunta directiva do PP, na que o presidente provincial Manuel Baltar, afirmou que “xa estamos a tomar o pulso da cidadanía e a iniciativa política cara un novo mandato local”.

  
  
A delegación ourensá, con Manuel Baltar á cabeza, estará composta polos parlamentarios autonómicos, deputados, senadores e representantes dos municipios de máis de 10.000 habitantes, ademais do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e José Antonio Parente, presidente provincial de Novas Xeracións. O resto dos membros nomeados hoxe, de carácter electo, son por unha parta cargos do partido e, por outra, membros da xunta directiva.

A convención nacional do Partido Popular é un órgano de natureza consultiva que se celebra todos os anos, agás cando coincide coa celebración do congreso xeral, e ten como obxectivo avaliar, facer análise e orientar as estratexias e políticas da organización.
 
O presidente provincial, Manuel Baltar, sinalou durante a súa intervención na xunta directiva que os populares ourensáns poderán mostrar nesta convención que “xa estamos a tomar o pulso da cidadanía e a iniciativa política para responder as demandas que de cara a un novo mandato local nos expresa a veciñanza”.

“Dependemos de nós mesmos –engadiu Baltar- porque vimos de traballar desde hai moito tempo, pero tamén hai que preparar unha axenda que será moi intensa a partir de agora, cando queda pouco máis dun ano para someternos á confianza dos cidadáns nas urnas”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: