Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O grupo provincial popular pedirá o apoio do pleno da Deputación á lei de prisión permanente revisable

Imprimir ppou - 08-Febreiro-2018 - 16:58:59 


• O portavoz provincial do PP, Plácido Álvarez, subliña o modelo de garantías dunha figura penal, axustada á Convención Europea de Dereitos Humanos, que non renuncia á reinserción do penado.

• Álvarez defendeu esta iniciativa, presentada a través dunha moción para o seu debate no pleno de febreiro, “como resposta a unha demanda social”.

Ourense, 8 de febreiro de 2018.- O grupo provincial popular ven de presentar unha moción para o seu debate no pleno ordinario de febreiro na que pedirá o apoio da Deputación á lei de prisión permanente revisable, instando aos grupos políticos con representación no Congreso a que reconsideren a súa proposta de derogación desta reforma do Código Penal, en vigor desde xuño de 2015.

Fronte aos partidos que falan de “cadea perpetua encuberta”, o grupo provincial do PP defende na súa moción que a figura da prisión permanente revisable “garante un horizonte de liberdade para a condenado mediante a revisión xudicial periódica da súa situación”, sen renunciar en ningún caso á resinserción do penado.

A proposta popular engade que se trata dun instrumento en vigor en moitos países da nosa contorna e en gobernos de todo tipo de corte político. “Un modelo estendido –sinala o texto da moción- no Dereito comparado europeo que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos considerou axustado á convención Europea de Dereitos Humanos”.

O portavoz do grupo provincial do PP, Plácido Álvarez, subliñou o modelo de garantías que integra esta figura penal, “pois ofrece a posibilidade de revisar unha condena de duración indeterminada con vistas á súa conmutación, liberdade condicional ou terminación”.

Álvarez defendeu a iniciativa popular na Deputación non só en coherencia cos principios do Partido Popular senón tamén en resposta “a unha demanda social na que oito de cada dez españois son partidarios de manter esta medida”, sen esquecer as iniciativas postas en marcha por plataformas cidadáns que xa recolleron máis de dous millóns de sinaturas a favor desta lei.

Ademais do apoio á prisión permanente revisable e de instar aos partidos con representación no Congreso opostos a esta medida a que a reconsideren a súa derogación, tal e como piden, a moción do PP inclúe o tralado do acordó adoptado no pleno ao Ministerio de Xustiza, os grupos políticos no Congreso e no Senado e á xunta de goberno da Federación Española de Municipios e Provincias.


Suscíbete:
Redes Sociales: