Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Carmen Leyte agradece o esforzo do Goberno por cumprir os prazos para que os galegos teñan o AVE

Imprimir ppou - 08-Febreiro-2018 - 16:49:50 


• A senadora ourensá, na comisión de Fomento do Senado, lembrou que ADIF garantiu en xaneiro un investimento final de 4.029 millóns de euros para que a obra estea lista en decembro do 2019.

• O Goberno de Rajoy, dixo, financiou esta infraestrutura cos PGE en 2012, a pesar de estar a vivir a peor crise económica da democracia.

8 de febreiro de 2018.- A portavoz adxunta do  GPP no Senado, Carmen  Leyte, formulou unha pregunta ao secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, Julio Gómez-Pomar, na Comisión de Fomento celebrada hoxe no Senado, para coñecer os últimos avances nas obras da liña de alta velocidade entre Galicia e a meseta, ao seu paso polas provincias de Zamora e Ourense.

  
  
Leyte comezou a súa exposición destacando o importante que é para todos os galegos o establecer comunicación coa meseta. “As autovías de conexión de Galicia coa Meseta situaron ao galegos século XX. Agora, que estamos no  XXI, creo que é hora de que gocemos dun AVE que levamos anhelando moitos anos e que servirá de cohesión territorial e social co resto de España”.

A senadora popular continuou explicando que esta infraestrutura sería positiva non só para Galicia, xa que o alcalde do Porto, a rexión de Portugal máis industrializada, manifestou que “considera moi necesario o AVE desde Vigo e Ourense, pola súa proximidade”.

Carmen  Leyte lembrou que o goberno de Mariano Rajoy, no ano 2012,  comprometeuse con esta infraestrutura “que acumulaba múltiples promesas e atrasos, pero poucos feitos, e fíxoo con financiamento nos Orzamentos Xerais do Estado, aínda que estabamos a atravesar a peor crise económica da democracia”.

Así mesmo, referiuse ao compromiso do Ministerio de Fomento que cualificou de firme durante estes anos, “tanto por parte da ministra Pastor, como co ministro Iñigo da Serna, quen hai pouco mais dun mes, nunha reunión co presidente Feijoó en Santiago de Compostela, puxo de manifesto que liquidados os problemas, e a pesar da gran complexidade técnica da obras, todos os tramos do AVE están a pleno rendemento”. O ministro tamén garantiu que se fará un esforzo para que se cumpran os prazos e que se continuará traballando no tramo da liña Ourense Vigo por Cerdedo, e está  en estudo a conexión con Vigo e Ferrol.

O pasado mes de xaneiro, lembrou a senadora por Ourense,  ADIF garantía un investimento final de 4.029 millóns de euros para que a obra estea lista en decembro do 2019, incluíndo a variante de Ourense e a Estación Intermodal. E hoxe,  Leyte  destacou as palabras do secretario de Estado ao referirse ao gran esforzo que están a realizar desde o Goberno para manter estes compromisos e completar as obras nas datas previstas.

A senadora popular ha resaltado tamén que dixese que o compromiso do Ministerio de Fomento coa alta velocidade a Galicia é firme e que “seguen impulsando este proxecto absolutamente prioritario para o Goberno de España, porque é imprescindible para mellorar a competitividade de Galicia, vertebrar o territorio e mellorar a calidade de vida dos galegos”.

Para finalizar, Carmen  Leyte  destacou que en durante a súa intervención o Secretario de Estado detallase o estado dos traballos que se están executando nos distintos tramos desde Zamora ata Ourense “que mostran o gran esforzo que seguimos facendo para que Galicia poida estar conectada por alta velocidade co resto de España no menor prazo posible”.


Suscíbete:
Redes Sociales: