Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 A xunta local do PP de Ribadavia aproba por unanimidade iniciar un diálogo coa oposición para impulsar un cambio de goberno

Imprimir ppou - 08-Febreiro-2018 - 14:02:19 


• Na reunión extraordinaria celebrada na tarde noite de onte luns, o máximo órgano municipal dos populares aprobou iniciar un proceso de contactos coa oposición que debe desembocar nun cambio de goberno en Ribadavia.

• Os populares consideran que existe unha necesidade imperiosa de cambio e que matemáticamente é posible, polo que hai que esgotar todas as posibilidades para que o cambio de goberno se produza.

Ribadavia, 6 de febreiro de 2018.- A Xunta Local do PP de Ribadavia ven de aprobar de xeito unánime que se inicie un diálogo coas forzas da oposición para impulsar un cambio político no Concello de Ribadavia. Na reunión extraordinaria celebrada na tarde noite de onte luns, o máximo órgano municipal dos populares concluíu que debe entablarse o diálogo coa oposición ata esgotar todas as posibilidades para que o necesario cambio de goberno en Ribadavia se produza. 

Para o Partido Popular de Ribadavia a día de hoxe xa é innegable que o principal lastre que frena o desenvolvemento de Ribadavia é o seu goberno municipal, un goberno que no que vai de mandato tense caracterizado polo uso permanente da mentira, a manipulación, a falta de respecto cara á oposición e a constante e permanente violación dos acordos plenarios. 

Na reunión da Xunta Local do PP de Ribadavia púxose de manifesto que Ribadavia non merece un goberno de probada incapacidade política, encabezado por un alcalde que se ocupa de pecharse as portas de outras administracións con unha actitude impropia do cargo que ocupa e da institución á que representa. Os populares decidiron establecer un diálogo aberto e sincero co resto de forzas da oposición para intentar consensuar un programa político que será o que deba marcar a acción do novo goberno de Ribadavia no ano e medio que queda de mandato. 

segundo sinalou o presidente local do PP de Ribadavia, César Fernández, “sería inexplicable ante a nosa militancia e ante a sociedade de Ribadavia que non fixéramos todo o que está na nosa man, como grupo maioritario da oposición municipal, para desaloxar do goberno a un alcalde que ten degradado a institución municipal e a imaxe do concello ata niveles impensables hai uns anos. Un alcalde que pisotea sen pudor os acordos emanados do Pleno municipal e, polo tanto, pisotea os dereitos e opinións de toda a veciñanza que non pensa coma él ou non coincide cos seus plantexamentos”.


Suscíbete:
Redes Sociales: