Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP convoca aos cidadáns a un “Taller de Ideas” para facer Ourense entre todos

Imprimir ppou - 03-Febreiro-2011 - 12:40:00 


O Partido Popular de Ourense presentou hoxe no Café Xesteira o "Taller de Ideas", unha iniciativa que ten como obxectivo convocar aos cidadáns para "facer Ourense entre todos". Esta iniciativa, que terá lugar o vindeiro sábado, de 10.30 a 13.30 horas, no Café Xesteira de Ourense, é aberta ao público y ten a finalidade de "escoitar e recoller as suxestións de todos os veciños e veciñas de Ourense que queira aportar  propostas para que todos xuntos fagamos un Ourense mellor", explicou  o candidato á Alcaldía de Ourense e secretario provincial do PP, Rosendo Fernández, durante a presentación.

Rosendo Fernández estivo acompañado pola economista e coordinadora do programa electoral do PP de Ourense, Beatriz Tejada, quen dixo que o Partido Popular quere darlle a oportunidade aos ourensáns para que se entrevisten cun responsable político do PP de Ourense co obxectivo de contarlle a súa idea, proxecto ou suxestión, referidos aos temas que máis preocupan aos cidadáns: emprego, paro, sanidade, educación, os problemas dos maiores, da xuventude... Queremos escoitar aos nosos veciños e veciñas para que nos digan qué consideran que necesita o municipio de Ourense".
Rosendo Fernández referiuse que temos que levar a cabo en Ourense "a 2ª gran transformación que o noso municipio necesita, e por elo queremos facer un programa electoral coas achegas de todos e feito para todos".
As propostas cidadáns, que serán recollidas por parlamentarios, deputados, senadores, concelleiros, cargos orgánicos e outros destacados representantes políticos do Partido Popular de Ourense, serán incluídas no documento no que está a traballar a comisión encargada da elaboración do Programa Electoral do PP para o municipio de Ourense. O "Taller de Ideas" terá a súa continuidade nas vindeiras semanas noutros barrios e distritos de Ourense.   

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: