Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP de Barbadás propón crear un código de boas prácticas para recuperar a confianza dos cidadáns na política municipal

Imprimir ppou - 08-Febreiro-2018 - 13:59:45 

 
• Pide a todos os grupos que se impliquen na elaboración dunha serie de normas e medidas que melloren a calidade da vida política e a relación con outras administracións.

• Tamén reclama que se elabore un manual para que os concelleiros resolvan dúbidas á hora de realizar o seu labor diario.

Ourense, 04 de febreiro de 2018.- O PP de Barbadás propoñerá a todos os grupos que se sumen á posta en marcha dun código municipal de boas prácticas co obxectivo de “recuperar a confianza da cidadanía” na actividade política, especialmente no ámbito local ao ser a administración “máis próxima” ás necesidades dos veciños. Por este motivo, reclamará no pleno de febreiro a posta por escrito dunha serie de medidas, de obrigado cumprimento, que involucren “tanto ao equipo de goberno como á oposición” para acabar coa  desafección cidadá ao redor da política.

O código recollería os estándares de conduta dos cargos públicos, normas de actuación dos concelleiros e os compromisos e responsabilidades do grupo de goberno e da oposición. Ademais, o texto serviría como manual de consulta nas relacións dos cargos públicos co resto de administracións, con outras institucións, asociacións e entidades e para fixar as normas de protocolo nos actos institucionais.

Nesta aposta por mellorar a efectividade do Concello a formación que encabeza Chelo Vispo tamén levará a pleno a solicitude para crear un manual de apoio para os membros da corporación. Trataríase dun texto que sirva para aclarar calquera dúbida dos concelleiros en materia de boas prácticas e nos procedementos administrativos máis habituais ao seu labor diario.

Entre outros aspectos, o PP reclama que o texto informe sobre formas de contratación pública; o réxime xurídico dos entes públicos; a repartición de competencias entre os distintos órganos e niveis políticos; os réximes de autorizacións, concesións, licenzas urbanísticas e de persoal local; a estrutura dos orzamentos ou as responsabilidades na toma de decisións.

Ademais solicita que os membros da corporación dispoñan en todo momento de información sobre os cambios normativos nos trámites máis relevantes e habituais.


Suscíbete:
Redes Sociales: