Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “As próximas eleccións locais amosarán a implicación das mocidades do PP coa sociedade”

Imprimir ppou - 08-Febreiro-2018 - 13:49:25 


• O presidente provincial do Partido Popular inaugurou esta tarde, xunto co presidente dp PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, a escola de formación Roberto Padilla organizada por Novas Xeracións.

• A formación, dixo Baltar, nunca remata e vai máis aló do coñecemento “sendo creativos, innovando a cada segundo e facendo de esponxas para recoller as inquedanzas dos nosos veciños”.
 
Ourense, 2 de febreiro de 2018.- O “No 2019 chegará o momento de poner a proba a resposta da mocidade fronte á política e as próximas eleccións locais amosarán a implicación dos mozos do Partido Popular coa sociedade”, dixo esta tarde o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, na inauguración das xornadas de formación organizadas por Novas Xeracións, no marco da escola de formación Roberto Padilla, e na que tamén participou o presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijoó.

  
  
“Os mozos que estades aquí sodes políticos en formación”, salientou Manuel Baltar, unha formación que nunca remata máis aló do coñecemento “sendo creativos, innovando a cada segundo e facendo de esponxas para recoller as inquedanzas dos nosos veciños”. Todo un reto que, engadiu, só pode alcanzarse escoitando “e este partido ten a virtude de estar entre a xente”.

 Repasou Baltar a súa traxectoria política e como presidente da Deputación provincial para subliñar que “antes de chegar a estas responsabilidades todo o tempo anterior foi formación”, unha aposta que tiña clara mesmo ao chegar tanto á presidencia do partido como da Deputación, poñendo en marcha as escolas Roberto Padilla e Miguel Ángel Blanco e na institución provincial preparación para os traballadores e representantes públicos na administración local. 

Por iso afirmou recoñecer o interese dos mozos de Novas Xeraciósn por achegarse á política “tendo vocación pública e ideas que defender, ademáis de darnos a nós a oportunidade de contar a nosa experiencia”.

No acto de apertura destas xornadas tamén participaron os presidentes nacional, autonómico, provincial e da xunta local de Ourense de Novas Xeracións. que en liñas xerais falaron de retos para a mocidade, como o achegamento á política, a reivindicación das súas ideas e a mocidade como garantía de futuro para a sociedade.

Ao remate da inauguración, os presidentes galego e provincial do PP fixeron entrega dunha placa conmemorativa a Marcos Padilla, fillo do militante e profesional do mundo da educación que da nome a esta escola.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: