Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP de Ribadavia reproba ao goberno e insta á oposición a iniciar un diálogo sincero e sen liñas vermellas para un programa de goberno no que resta de mandato

Imprimir ppou - 08-Febreiro-2018 - 13:46:03 


• O diálogo, sincero e sen liñas vermellas, ten que basearse en acordos programáticos que debuxen os obxectivos e liñas mestras que deben guiar a acción dun novo goberno no que resta de mandato municipal.

• Os populares propoñen marcarse un plan de obxectivos ambiciosos que permita revertir a situación de decadencia na que se atopa Ribadavia por causa da incapacidade e inacción do reprobado goberno socialista.

Ribadavia, 1 de febreiro de 2018.- O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia ven de reprobar ao goberno socialista de Ribadavia votando en contra da cuestión de confianza que presentou o alcalde asociada á aprobación do orzamento municipal para 2018. Con este voto os populares quixeron poñer de manifesto que o goberno socialista de Ribadavia é, a día de hoxe, o principal lastre que impide o desenvolvemento e avance do Concello.

Unha vez que o Pleno municipal retirou a confianza ao alcalde e o seu goberno, os populares solicitaron aos grupos da oposición municipal iniciar un proceso de diálogo para trazar un programa de goberno a executar no ano e medio que queda de mandato municipal. A proposta fala de que as forzas políticas da oposición deben marcarse un plan de obxectivos ambiciosos que permita revertir a situación de decadencia na que se atopa Ribadavia por causa da incapacidade e inacción do reprobado goberno socialista.

O voceiro Popular, César Fernández sinalou que “cómpre iniciar un diálogo, sincero e sen liñas vermellas, baseado en acordos programáticos que debuxen os obxectivos e liñas mestras que deben guiar a acción dun novo goberno para o que resta de mandato municipal.”

O voceiro popular sinalou que “unha vez que rematou o Pleno no que se lle retirou a confianza ao alcalde, entregamos unha proposta de reunión aos voceiros de BNG e Ribeiro en Común solicitando un encontro para sentarnos a falar de proxecto político e de buscar saídas á situación na que se atopa Ribadavia”.

César Fernández sinalou que, dada a diferente idiosinccrasia de cada un dos grupos “solicitamos unha reunión coa xunta local do BNG e, no caso de Ribeiro en Común, dado que funcionan en réxime de asemblea aberta, solicitamos unha reunión coa propia asamblea local desta agrupación, e non únicamente cos voceiros de ámbalas dúas formacións políticas. Con estas propostas de encontros pretendemos que o diálogo sexa o mais aberto, sincero e transparente posible porque entendemos que a situación require do máximo esforzo de todos os grupos para saír do bloqueo político institucional no que o alcalde ten metido ao concello.

César Fernández rematou sinalando que “Ribadavia merece que as forzas políticas demostremos estar á altura da situación, polo que non tería sentido poñer siglas por diante dos intereses e necesidades dos veciños de Ribadavia. Agardamos que todos os grupos estén á altura do que se nos esixe, nós dende logo así o faremos”. 


Suscíbete:
Redes Sociales: