Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Rosendo Fernández afirma que a formación é básica para xerar ideas que dean credibilidade e confianza aos cidadáns”

Imprimir ppou - 03-Febreiro-2018 - 14:11:53 


• O secretario xeral do PP ourensán subliñou a importancia da preparación dos máis novos “porque a política actual e a futura pasa pola mellor formación e non só para quen ten vocación pública, senón tamén para afiliados e simpatizantes”.

• Serxio María Rodríguez, presidente da xunta local de Novas Xeracións de Ourense, organizadora desta edición da escola, asegurou que estas xornadas “deben servir como punto de partida para mobilizar aos mozos da formación popular de cara ás próximas eleccións locais”.
 
Ourense, 3 de febreiro de 2018.- A escola de formación Roberto  Padilla do Partido Popular, organizada nesta convocatoria pola  xunta local de Ourense de Novas  Xeracións, finalizou esta tarde no Auditorio municipal cunha chamada á preparación dos mozos, “básica para a política actual e futura porque é o que permite xerar ideas”, dixo o secretario  xeral do PP ourensán, Rosendo  Fernández, en clausura destas  xornadas. Un acto no que estivo acompañado polo secretario  xeral do PPdeG, Miguel  Tellado, o presidente da xunta local popular de Ourense  Cidade, Jesús Abad, e os presidentes da organización xuvenil en Galicia, Adrián Pardo, e da agrupación local de Ourense,  Serxio María Rodríguez.

  
  
Rosendo Fernández comezou a súa intervención cun recoñecemento á persoa que dá nome a esta escola, Roberto Padilla, “que xa aos 17 anos formaba a outros mozos, apostando na súa traxectoria no mundo educativo pola FP”.

O secretario  xeral dos populares ourensáns subliñou a importancia da preparación de cadros políticos máis novos, “porque a política actual e a futura pasa pola mellor formación, que é a que xera ideas e non só para quen ten vocación pública, senón tamén para afiliados e simpatizantes”.

Fernández afirmou que a formación foi un campo descoidado ata o momento no mundo da política, “cando é básica para a perpetuación dun partido no tempo mantendo os seus principios; iso é algo que temos claro no PP e proba diso son nosas dúas escolas: Roberto  Padilla e Miguel Ángel Blanco”. 

Concluíu Rosendo Fernández lanzando unha mensaxe a modo a reto para os mozos populares, animándolles a conseguir que “a cidadanía volva ter credibilidade e confianza na política e iso só conséguese coa mellor formación para exercer o mellor servizo público”.

Despois de cinco seminarios e dúas mesas redondas nas que se abordaron temas sociais, económicos, sociais, de tecnoloxía e comunicación, ademais de analizar a política actual e futura, o presidente da xunta local de  Novas  Xeracións, Sergio María Rodríguez, fixo un balance positivo das xornadas, asegurando que “nacen con vocación de continuidade, porque para nós, como mozos, é tan importante o noso compromiso político como conseguir a mellor preparación”.

Ademais de agradecer a presenza de representantes de Novas  Xeracións chegados doutras comunidades como Castela e León e País Vasco, Rodríguez engadiu que esta escola debe servir como punto de partida para mobilizar aos mozos da provincia que comparten as ideas e principios da formación popular “para axudar ao partido para conseguir os mellores resultados nas eleccións locais do próximo ano”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: