Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O grupo popular no Parlamento galego salienta o investimento de máis de 90 millóns de euros en ourense no primeiro ano desta lexislatura

Imprimir ppou - 29-Xaneiro-2018 - 18:01:25 


• Os deputados populares celebraron esta mañá nesta cidade a súa habitual reunión dos luns

• O portavoz popular, Pedro Puy, salientou, entre outras cuestións, os avances nas obras do AVE, a construción da estación intermodal e a ampliación do CHUO

• Avanzou a inclusión no vindeiro Pleno do debate de totalidade da reforma da Lei de saúde de Galicia

Santiago, 29 de xaneiro de 2018.- Os deputados do Grupo Popular celebraron hoxe a súa tradicional reunión dos luns na cidade de Ourense, onde fixeron un balance das actuacións realizadas polo Goberno galego neste primeiro ano de lexislatura e que superan os 90 millóns de euros.

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou o traballo desenvolvido polos nove deputados pola provincia de Ourense. Entre eles figura o Presidente do Parlamento, pero tamén ostentan as portavocías deste grupo parlamentario en dez áreas e presiden ou vicepresiden sete comisións parlamentarias.

  
  
Compromiso coa chegada do AVE
Pedro Puy fixo unha especial mención ás obras do AVE ao seu paso por Ourense, destacando que neste momento están en obras todos os tramos para que esta provincia conecte con Madrid en 2020. Relacionado con isto, lembrou que o pasado 7 de decembro de 2017 se aprobou a primeira fase do proxecto da estación intermodal de Ourense por un importe superior aos 10 millóns de euros.

No ámbito das infraestruturas, o portavoz popular destacou a conexión do polígono de San Cibrao coa A-52, unha obra que ascende a 21 millóns de euros; ou a obra de conexión de Ourense con Seixalvo, que suporá un investimento de 850.000 euros, e as distintas actuacións de rehabilitación de estradas autonómicas.

A sanidade foi un dos temas sobre o que máis incidiu Pedro Puy. En concreto, destacou o investimento de máis de 41 millóns de euros realizado na ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense, que supuxo a este hospital ganara 52.000 metros cadrados e 116 camas máis, chegando ás 930.

Neste ámbito sanitario, o portavoz popular tamén se referiu á construción do centro de saúde de O Couto, logo dun investimento de tres millóns de euros; e o recente anuncio do Goberno galego de poñer en marcha novos centros sanitarios en Paderne de Allariz e Pereiro de Aguiar.

Reforma da Lei de Saúde
Pedro Puy avanzou que o Pleno da vindeira semana incorporará o debate de totalidade do proxecto de Lei de reforma da Lei de saúde de Galicia, que “busca a mellora do servizo sanitario con especial interese en achegar cada vez máis os servizos aos cidadáns. Máis en concreto, salientou que esta norma “garante e potencia os servizos e especializades a nivel comarcal, unha situación que xa evitou o desprazamento de máis de 260.000 pacientes nos últimos cinco anos”. 

Neste ámbito lexislativo, o portavoz popular tamén se referiu á futura tramitación parlamentaria do proxecto de Lei de aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia. “Esta norma ten unha especial relevancia para a provincia de Ourense, xa que velará pola salubridade e hixiene nas augas termais de uso lúdico, garantindo a súa sustentabilidade ambiental, protexendo a súa integridade e promovendo o desenvolvemento económico e social das poboacións onde se localicen”.

  
  
Visita á exposición “In Tempore Sueborun”
Os deputados do Grupo Popular remataron a súa estadía en Ourense cunha visita á exposición “In Tempore Sueborun”, aberta no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Esta mostra reflexa o ocaso do Imperio Romano, no momento no que os suevos se instalan no noroeste da Península Ibérica.


Suscíbete:
Redes Sociales: