Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP de Ribadavia rexeita o proxecto de orzamento do PSOE por ignorar as propostas presentadas polo grupo popular

Imprimir ppou - 25-Xaneiro-2018 - 18:26:42 


• O orzamento segue sen recoller partidas para acometer as obras de abastecemento de A Grova-As Chabolas, a mellora da rede de abastecemento de San Cristovo e Santo André, ou a creación dun servizo de madrugadores para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.

• Tampouco se inclúen partidas para facer chegar o servizo de limpeza viaria ao rural, para o cumprimento do convenio colectivo, para ampliación da “Galiña Azul”, e tampouco se recollen os aumentos de achegas propostaos para os colectivos sociais que dinamizan a vida deportiva e cultural de Ribadavia.

Ribadavia, 25 de xaneiro de 2018.- O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia votou en contra do orzamento municipal para 2018 por consideralo un orzamento absolutamente inútil para o desenvolvemento de diferentes actuacións, necesarias para a veciñanza, que se veñen demandando dende hai moitos anos.

Con este documento orzamentario, o goberno consume a meirande parte dos recursos en gastos de persoal e gasto corrente, esquecendo por completo proxectos estratéxicos como a dotación de abastecemento de auga e saneamento para as localidades da Grova, As Chabolas e Sanín, ou a mellora do abstecemento e saneamento de San Cristovo. O goberno socialista consume case o 50% dos recursos en gastos de persoal, e máis do 27% en gasto corrente, deixando un escaso 7,28% para investimentos que melloren a calidade de vida da veciñanza.   

O voceiro Popular, César Fernández sinalou que “este orzamento ven a amosar a nula capacidade de xestión do goberno municipal e a alarmante falta de ambición colectiva e de proxecto político do alcalde, Ignacio Gómez”

O voceiro popular sinalou que “a nula capacidade de chegar a acordos do señor Gómez e o seu sectarismo, queda de manifesto nun documento no que non se recollen as aportacións feitas, de xeito constructivo, polo principal grupo da oposición. Esto pon de manifesto a absoluta falta de respecto a unha parte importante da veciñanza que, a través do grupo popular quixo colaborar na elaboración do orzamento; unha mostra máis da soberbia e a prepotencia do alcalde de Ribadavia”.

O grupo popular presentara un documento con 23 propostas para ser incluídas no orzamento municipa, que foi rexeitado polo goberno. Estas propostas eran:
• Partida orzamentaria para acometer a obra de extensión da rede municipal de abastecemento de auga e saneamento ás localidades de As Chabolas, A Groba e Sanín. Esta partida deberá estar dotada dunha cantidade económica equivalente ao 20% do custo total da obra que figura no proxecto redactado para acometer a mesma, complementando o 80% restante a través de cofinanciamento doutras administracións. 
• Obra de reforma da rede de abastecemento e saneamento de San Cristovo, así como acometer a actuación integral de humanización e mellora das aceras nesta localidade. Esta partida deberá estar dotada dunha cantidade económica equivalente ao 20% do custo total da obra que figura no proxecto redactado para acometer a mesma, complementando o 80% restante a través de cofinanciamento doutras administracións. 
• Recuperación da partida orzamentaria de 60.000 euros, destinada á mellora de infraestruturas no medio rural, proposta polo grupo municipal do Partido Popular no orzamemto de 2014 e que foi retirada por este goberno. Neste exercizo deberíanse executar, contra esta partida, as obras de mellora do camiño da Eiroa en Esposende e do Coto en Sampaio, obras comprometidas dende hai anos e que seguen sen executarse. 
• Obra de humanización e mellora das beirarrúas da rúa Piñeiral e a continuación desta beirarrúa ata a Franqueirán, con un proxecto tamén de humanización da mesma.
• Partida orzamentaria suficientemente dotada para acadar a extensión permanente, e non dependente de subvencións puntuais doutras administracións, do servizo de limpeza viaria ao medio rural do Concello de Ribadavia.
• Partida orzamentaria dotada suficientemente para a creación dun servizo de madrugadores para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar da veciñanza de Ribadavia.
• Partida orzamentaria, suficientemente dotada, para acometer unha actuación de mellora e ampliación da “Galiña Azul” de Ribadavia para, dese xeito, cubrir a demanda existente e facilitar unha praza de guardería pública a toda a xente que a precise. 
• Obra de reforma, humanización e acondicionamento da praza de “As Banquetas”, unha actuación aprobada por unanimidade no Pleno municipal celebrado o 31 de marzo de 2016. Esta partida deberá estar dotada dunha cantidade económica equivalente ao 60% do custo total da obra, que viría a complementar o 40% restante que se debería cubrir a través de cofinanciamento doutras administracións. 
• Mellora do entorno da capela de Santa Cristina e no entorno da igrexa de Esposende.
• Partida orzamentaria para levar a cabo as actuacións precisas para garantir o abastecemento de auga da localidade de Santo André de Camporredondo coa actual traída veciñal.
• Propoñemos manter reunión coas asociacións veciñais daquelas localidades que non contan con abastecemento e saneamento de auga servido polo concello para propoñerlles a municipalización. En relación con esto, débese incluir partida orzamentaria para a redación dos proxectos de extensión da rede de abastecemento e saneamento destas localidades.
• Elaboración dun plan de eficiencia enerxética para o concello de Ribadavia que permita aforrar no consumo eléctrico e mellore, á súa vez, a iluminación nas localidades do concello.
• Arranxo de camiños na localidade de Ventosela, xa que os camiños da parte baixa do pobo atópanse nun estado lamentable.
• Mellora integral das áreas recreativas de San Ctistovo e A Quinza. Unha actuación que debe consistir na mellora e reposición de mobiliario, cambio dos columpios infantís que se atopan rotos e apilados nunha esquina.
• Adecentamento das pistas polideportivas de Francelos, San Cristovo e PICUXA.
• Mellora no entorno de Chan do Baño en Prexigueiro, co adecentamento do muíño e todo o entorno do río, construíndo un área recreativa para o lecer da veciñanza. Obviamente estamos a falar de aquelas actuacións que complementen o que, por cumprimento de contrato, debe facer a empresa concesionaria da explotación das terma de Prexigueiro.
• Partida para facer fronte a todos os compromisos adquiridos polo concello cos traballadores a través do convenio colectivo, fundamentalmente en todo o que ten que ver co recoñecemento de trienios e as medidas relacionadas con seguridade e saúde laboral.
• Reforma e mellora da casa da Cultura de Ribadavia.
• Mantemento da praza de coordinador do departamento de promoción económica coma garantía do bo funcionamento deste coma polo de atracción de recursos para o concello de Ribadavia.
• Redacción dun plan director de conservación e mellora do patrimonio arquitectónico e cultural de Ribadavia.
• Aumento das achegas municipais ás asociacións que dinamizan a actividade cultural do concello para acadar as seguintes cantidades de subvención nas súas actividades:
• Noite Meiga: 6000 €
• Festa da Istoria: 14000 €
• Festival arteficial: 5000 €
• Subvención Banda de música A Lira de Ribadavia: 15000 €
• Aumentar a partida de subvencións a clubes e entidades deportivas ata os 10000 €, e a partida de subvención a eventos deportivos ata os 6000 €.

Para obter os recursos necesarios para levar a cabo estas actuacións propostas cómpre poñer en marcha unha estricta contención do gasto supérfluo, tendo presente que unha parte importante dos recursos municipais se destina a gasto corrente. Cómpre lembrar que, tal e como sinala a intervención reiteradamente no seu informe anexo ao orzamento, o goberno municipal incumpre reiteradamente as bases de execución do orzamento municipal xa que, no que atinxe ao gasto corrente, temos comprobado que non existe ningún expediente de gasto. Non se elaboran propostas de gasto dos servizos municipais que sexan fiscalizadas pola intervención para autorizar posteriormente o gasto. Entendemos que con un correcto cumprimento das bases de execución podería controlarse o gasto corrente e dispor de mais recursos para acometer actuacións moi necesarias.


Suscíbete:
Redes Sociales: