Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP de Ourense, primeira formación política española que converte a súa sede nun espazo cardioprotexido

Imprimir ppou - 29-Decembro-2017 - 12:36:54 


• O partido instalou nas súas oficinas principais unha columna de rescate dotada con desfibrilador, que logo de superar a correspondete formación xa pode manexar o persoal da sede.

Ourense, 29 de decembro de 2017.- O Partido Popular de Ourense é desde hoxe a primeira formación política de España “cardioprotexida” ao contar na súa sede principal cunha columna de rescate cardíaco, na que destaca a presenza dun desfibrilador.

  
  
O elevado número de persoas que se concentra na sede da formación popular, tanto en reunións dos órganos de goberno como en outras convocatorias, levou aos responsables do partido a estudar a instalación das chamadas columnas de rescate, que inclúen o material preciso para reanimación en casos de emerxencia e, en particular, para unha primeira intervención en caso de paro cardíaco. Para estos casos, o persoal do Partido Popular conta xa coa formación necesaria, logo de superar o correspondente curso e probas.

O PP ourensán responde así os consellos realizados pola comunidade médica, que sinala que tras unha parada cardíaca a desfibrilación inmediata consegue un 90 % de posibilidades de recuperación.

A columna de rescate, perfectamente sinalizada e co seu distintivo de espazo cardioprotexido, “non só estará ao servizo da sede –declarou o presidente provincial, Manuel Baltar- senón que tamén estará a diposición dos veciños do edificio onde se ubica a nosa sede e, por suposto, en caso de emerxencia nunha rúa de moito tránsito e con negocios moi concurridos”, lembrando a iniciativa que desde a Deputación de Ourense se levou a cabo para instalar estas columnas de rescate con desfibrilador nos edificios da institución.


Suscíbete:
Redes Sociales: