Noticias
Blog
O PP proclama a Lorenzo González candidato á Alcaldía de Carballeda de Avia
Lorenzo González Rodríguez foi proclamado candidato á Alcaldía de Carballeda de Avia. O acto de proclamación contou coa presenza do presidente provincial, Manuel Baltar, así como membros do comité de dirección do PP de Ourense e afiliados populares de Carballeda. Lorenzo González, licenciado en Ciencias Políticas e actual portavoz municipal do PP no Concello de Carballeda de Avia, dixo que a clave do traballo dende hoxe e ata o día das eleccións (o vindeiro 22 de maio) "vai estar en transmitir a cada un dos veciños e veciñas de Carballeda que é posible facer política para todos, non só para uns poucos, e que o noso municipio necesita mellores servizos e infraestruturas, en comparación co que nos ten dado o actual alcalde, caracterizado por unha nefasta xestión municipal". Pola súa banda, Manuel Baltar afirmou o PP de Carballeda de Avia conta coa vantaxe de ter conformado un gran equipo, sólido e leal, que traballa ao máximo ao carón de Lorenzo para acadar os mellores resultados".