Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Novas Xeracións recolleu máis de 500 quilos de alimentos, 3.000 prendas e 1.000 xoguetes nas súas campañas de Nadal

Imprimir ppou - 27-Decembro-2017 - 14:07:28 


• Na presentación dos resultados destas iniciativas solidarias, o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, subliñou o traballo da organización popular xuvenil “que esperta vocacións e confianza nos mozos co seu traballo diario”.

Ourense, 27 de decembro de 2017.- A organización xuvenil do Partido Popular, Novas Xeracións, fixo hoxe balance da campaña de Nadal desenvolvida na provincia ao longo do presente mes e que, baixo o lema “#RepartindoSorrisos”, concluíu coa recollida de máis de medio milleiro de quilos de alimentos, máis de 3.000 prendas de roupa e case que 1.000 xoguetes.

  
  
Nesta iniciativa solidaria, que alcanza a sexta edición, participaron as agrupacións locais de Xinzo de Limia, O Carballiño, A Peroxa, A Bola e A Rúa, coa colaboración de Cáritas. No caso de Ourense cidade, a organización xuvenil levou a cabo a campaña “Ilusiona cun xoguete”, contando coa axuda da Asociación Española contra o Cancro.

Acompañado polo presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, o presidente de Novas Xeracións, José Antonio Parente, amosou a súa satisfacción polos resultados de ambas as dúas campañas, que puxeron de manifesto “o espírito solidario dos ourensáns, que coas súas achegas, por pequenas que fosen, levarán un pouco de ledicia a moitas familias nestas datas”.

Parente tamén agradeceu a colaboración e mailo traballo que está a desenvolver Cáritas neste tipo de iniciativas, así como a disposición da Asociación Española contra o Cancro a participar na campaña dos mozos populares na cidade.

Manuel Baltar, pola súa banda, recoñeceu o esforzo especial que Novas Xeracións realiza no Nadal “para que os máis pequenos tamén gocen en familia”, aínda que tamén quixo destacar “o labor permanente de José Antonio Parente e o seu equipo por estar presente en todas as actividades organizadas ao longo do ano e vivir Ourense dun xeito especial”.

Nesta liña, o presidente provincial subliñou que a política “ten que espertar vocacións e iso se fai co traballo diario, como o de Novas Xeracións, conseguindo a confianza da xente, que non ven de súpeto, senón de estar sempre a disposición dos ourensáns e, neste caso, dos mozos”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: