Noticias
Blog
O Comité Executivo do Partido Popular de Ourense aproba os seus orzamentos para 2018
• “Unha xestión baseada na planficación e na transparencia nos permite contar cun plan económico aprobado antes do inicio do ano”, subliñou o presidente provincial, Manuel Baltar.
Ourense, 20 de decembro de 2017.- O Comité Executivo do Partido Popular de Ourense, reunido na sede provincial, aprobou esta tarde a proposta de orzamentos da formación para o ano 2018, que ascende a case que 325.000 euros procedentes de tres vías, como son as cotas dos afiliados, as aportacións que realizan os cargos públicos do partido e as transferencias do PPdeG.
Trala aprobación do documento económico, o presidente provincial, Manuel Baltar, salientou o traballo de xestión que realiza a formación popular ourensá, “baseada na planificación e maila anticipación, o que nos permite contar cuns orzamentos aprobados antes do inicio do ano”, destacando ademais “que mantemos así o noso compromiso coa transparencia que esixen os cidadáns”.