Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP de Barbadás pide ao Concello que cumpra co mandato plenario adquirido en 2015 para dotar de wifi aos locais sociais

Imprimir ppou - 04-Decembro-2017 - 13:36:23 


• Reclama ao goberno municipal que poña en marcha o acordo aprobado hai 28 meses cos votos a favor de todas as formacións da oposición.

• Tamén pedirá que os parques infantís dean resposta ás necesidades dos rapaces con algún tipo de discapacidade.

Ourense, 3 de diciembre de 2017.- O grupo popular de Barbadás reclamará ao grupo de goberno que cumpra co compromiso de implantar zonas wifi nos espazos comunitarios e nos locais sociais de todo o municipio, tal como acordouse por maioría absoluta en pleno hai ano e medio.

Desde o PP de Barbadás lémbrase que no plenario do 7 de xullo de 2015 aprobouse unha moción popular para facilitar o acceso a internet nas zonas rurais do concello cos votos a favor do PP, Compromiso por Barbadás e Democracia Ourensá (9) e a oposición de PSOE ou BNG (8).

Dous anos e medio ano máis tarde, o grupo de goberno non deu ningún paso para implantar unha iniciativa que “responde a unha demanda dos veciños do rural” para acceder ás novas tecnoloxías.

A formación que preside Consuelo Vispo considera que a desidia á hora de implantar un proxecto apoiado por máis da metade dos grupos con presenza no Concello é unha mostra máis do “abandono do rural” por parte dos grupos de goberno.

Por este motivo o PP levará ao pleno do luns, 4 de decembro, unha moción para que se elabore un estudo sobre “os aspectos técnicos, económicos e orzamentarios” necesarios para poñer en marcha a rede wifi e cumpri” co compromiso adquirido hai 17 meses.   

Parques infantís inclusivos para rapaces de Barbadás
Ademais, o PP de Barbadás levará a pleno unha moción para que se adapten os parques públicos ás necesidades de persoas con calquera tipo de discapacidade,.

A proposta popular anima ao Concello para “crear áreas de xogo inclusivas”, especialmente adaptadas a persoas que teñen algún tipo de discapacidade. Así, avógase por eliminar “calquera barreira arquitectónica” que impida o acceso aos parques de persoas que precisen de cadeiras de rodas ou  andadores.

Ademais, tamén se pide a inclusión de elementos preparados para o uso de cadeiras de rodas; paneis interactivos e xogos especiais para nenos e nenas con diversas discapacidades psíquicas ou sensoriais; ou paneis visuais e sonoros con textos en  braille e debuxos en relevo.

Desde o PP laméntase que as obras realizadas  polo grupo de goberno nos últimos meses nos parques infantís foron “unha oportunidade perdida” para adaptar estas zonas públicas aos nenos e nenas do  colectivo, e instan a que se aproveiten as obras de mantemento para dar resposta a este colectivo.


Suscíbete:
Redes Sociales: