Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP pide a implicación “máis aló do ámbito institucional e de goberno” de afiliados e simpatizantes contra a violencia de xénero

Imprimir ppou - 02-Decembro-2017 - 14:38:43 


• Os populares ourensáns celebraron esta mañá unha xornada de concienciación “para seguir a loitar todos os días contra esta tremenda realidade”, coa presenza do secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e a coordinadora de igualdade dos populares galegos, Susana López Abella.

Ourense, 2 de decembro de 2017.- A loita contra a violencia de xénero precisa da implicación da sociedade e, máis aló do ámbito institucional e de goberno, dos homes e mulleres que conforman a familia do Partido Popular. Esta foi a mensaxe que o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e a coordinadora de Igualdade dos populares galegos, Susana López Abella, lanzaron hoxe a afiliados e simpatizantes do PP de Ourense na xornada que, co título “A violencia de xénero, unha realidade na sociedade”, se celebrou esta mañá na sede provincial do partido ourensán.

  
  
Logo do saúdo inicial do secretario xeral do PP de Ourense, Rosendo Fernández, que agradeceu a sensibilidade dos asistentes á xornada, o secretario xeral do PP de Galicia destacou a importancia de encontros deste tipo “xa que non podemos deixar o 25 de novembro nunha data institucional de concienciación, para seguir a loitar todos os días contra a violencia de xénero”.

Tellado defendeu o traballo do Partido Popular nesta cuestión, “pois as reformas fundamentais na lexislación sempre foron impulsadas por gobernos populares, na vangarda da transformación da sociedade para garantir a igualdade de oportunidades real, do día a día o una rúa entre homes e mulleres.

“Todos temos que involucrarnos, afiliados e simpatizantes do partido, asumindo unha tremenda realidade social como é a violencia de xénero”, dixo pola súa banda a coordinadora de igualdade do PPdeG, Susana López Abella, que subliñou a importancia de xornadas como a celebrada hoxe “posto que nos axudan a coñecer en profundidade esta cuestión coa axuda de profesionais”.

Para López Abella, a loita contra esta lacra precisa do máis grande consenso de todos os partidos políticos, “pero tamén das persoas que, como vos, facedes do PP de Ourense un partido responsable e maioritario na provincia e nas súas institucións, polo que temos que dar exemplo, se cabe con máis forza, co noso compromiso”.

A xornada incluíu unha mesa redonda moderada por María Antonia Rilo, coordinadora de igualdade do PP de Ourense, e na que participaron Inmaculada Ferijeiro, asesora xurídica e directora do Centro de Información á Muller da Mancomunidade Santa Águeda, Mónica Méndez, xefa da unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno de Ourense, e a senadora Carmen Leyte.


Suscíbete:
Redes Sociales: