Noticias
Blog
Manuel Baltar: “Os gobernos nacen dos partidos, por iso é moi importante manter vivo o apoio das bases”
• O presidente provincial participou en Santiago no acto de entrega de novos carnés de afiliados ao PPdeG, entre eles 40 ourensáns.
Ourense, 25 de novembro de 2017.- “Sen partido non hai gobernos e os gobernos nacen dos partidos, por iso é moi importante manter vivo o apoio das bases”, dixo hoxe o presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, no acto celebrado polo PPdeG en Santiago de Compostela e no que se entregaron os carnés de afiliación a preto de 200 persoas, case que 40 delas da provincia de Ourense.
Manuel Baltar destacou que os novos afiliados “adquirides un compromiso e vos unides a una gran formación política, como eu o fixen hai 25 anos, para seguir a loitar por conseguir novas maiorías, como a única absoluta do PP que goberna nunha comunidades autónoma ou a única Deputación de Galicia como é Ourense”.
En Ourense, sinalou o presidente provincial, hai máis de 26.000 afiliados e o censo de votantes é de 260.000, “polo que unha de cada dez persoas con dereito a voto é do Partido Popular”, explicando a continuación que si a porcentaxe de participación ronda o 70 % “para alcanzar unha maioría absoluta, catro de cada sete persoas ten que votar ao PP, polo que o compromiso dese afiliado é fundamental xa que ten que convencer a outros tres votantes”.
Son contas doadas de facer, advertiu Manuel Baltar, “pero que non serven de nada se non temos interiorizado que formamos parte dun gran proxecto político no que as súas bases coas súas propostas nos axudan a liderar gobernos”.
Ademais de Manuel Baltar, os carnés dos novos afiliados foron entregados tamén polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, os presidentes provinciais de A Coruña e Pontevedra e vicesecretarios xerais da formación, entre eles a responsable de acción sectorial, a ourensá Ana Villarino.