Noticias
Blog
José Antonio Dapía Afonso foi proclamado hoxe candidato popular á Alcaldía de A Bola para as vindeiras eleccións municipais de maio de 2011. Nun acto que contou coa presenza do presidente provincial, Manuel Baltar, así como de alcaldes populares da contorna coma os de Celanova, Verea, Quintela de Leirado, Cartelle e A Merca, ademais de afiliados e simpatizantes, José Antonio Afonso dixo sentirse "ilusionado ante a gran responsabilidade que supón traballar por conseguir o mellor para os veciños e veciñas de A Bola". O acto serviu tamén para inaugurar a nova sede do PP en A Bola, "que será un punto de encontro para todos os cidadáns do municipio que queiran achegarse ao gran proxecto do Partido Popular para aportar as suas suxestións e construir entre todos o futuro que queremos para A Bola, para toda esta comarca, e por extensión para a provincia de Ourense", dixo Manuel Baltar.