Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O grupo popular formula dez iniciativas de goberno para o pleno de debate sobre o estado da provincia

Imprimir ppou - 14-Novembro-2017 - 13:45:29 


• O documento recolle accións en materia de política social, turismo, identidade, cultura, dinamización económica, termalismo e cooperación, con especial atención a iniciativas relacionadas con actuacións no área de emerxencias, destacou o coordinador do grupo, Pablo Pérez, na presentación do decálogo.

• “Estas propostas completan o Plan Ourense 15-19, un proxecto de acción de goberno baseado na planificación pero sempre aberto a novas incorporacións”, apuntou pola súa banda o portavoz dos populares, Plácido Álvarez.

Ourense, 14 de novembro de 2017.- O grupo provincial popular presentou esta mañá un decálogo de propostas de resolución que presentará ao pleno pleno extraordinario do debate sobre o estado da provincia, que a Deputación de Ourense celebrará o xoves, día 16. Un documento que recolle accións en materia de política social, turismo, identidade, cultura, dinamización económica, termalismo e cooperación, aínda que compre destacar a atención prestada a iniciativas relacionadas con actuacións no área de emerxencias.

Así o sinalou o coordinador do grupo popular, Pablo Pérez, durante a presentación do decálogo, acto no que estivo acompañado polo portavoz do grupo, Plácido Álvarez, e a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Monserrat Lama.

  
  
Pablo Pérez subliñou que o acontecido a mediados do mes de outubro coa vaga de lumes, así como as iniciativas que está a impulsar a Deputación de Ourense no uso das últimas tecnoloxías en situación de emerxencias ou o financiamento íntegro por parte da institución provincial dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais “precisaban de accións complementarias de cara á sensibilización da sociedade, de ahí que unha das nosas propostas teña como obxectivo transmitir á sociedade ourensá, con especial atención a escolares e maiores, a necesidade de incidir na prevención”.

O coordinador do grupo popular quixo destacar a aposta do Goberno provincial por seguir a traballar en ámbitos de especial relevancia para o futuro de Ourense, apuntando ademais “o noso compromiso coa colaboración con outras administracións para o aproveitamento de recursos, por iso incluímos neste decálogo a cooperación coa Xunta de Galicia para recuperar os antigos centros comarcais con vistas a proxectos de carácter público”.

“Estas propostas veñen a completar o Plan Ourense 15-19, un proxecto de acción de goberno baseado na planificación pero sempre aberto a novas incorporacións, en resposta ás necesidades desta provincia”, dixo pola súa banda o portavoz dos populares, Plácido Álvarez.

Pese a visión pesimista doutras formacións, “o grupo popular cre nesta provincia e non deixaremos de seguir a proponer novas ideas e proxectos que redunden en beneficio do noso territorio e das nosas xentes”, engadiu Álvarez. 

Monserrat Lama foi a encargada de detallar o contido do decálogo de propostas de resolución:

Política Social
1- Reforzamento do Consello Social Provincial. Elaborar un mapa de diagnose da provincia e un plan de reforzo do labor que desenvolven as distintas asociacións e entidades, caracterizado pola máxima participación e transparencia.
Emerxencias

2- Formación en prevención de Incendios
Co obxectivo de que a formación en prevención de incendios chegue a toda provincia, a Deputación porá en marcha un programa de actividades denominado “Semana Provincial de Prevención de Incendios”, implicando ao Consorcio Provincial de Incendios e Salvamento, grupos de bombeiros supramunicipais, G.E.S. e Protección Civil, para que entre todos consigan transmitir dun xeito eficaz a mensaxe da prevención aos ourensáns, con especial atención aos escolares e maiores.

3- Rede de helisuperficies
Reforzar o compromiso da Deputación co territorio en materia de prevención de incendios e actuacións en caso de emerxencias, co seu esforzo inversor en infraestruturas, cunha rede de “Helisuperficies”  en terreos de titularidade provincial.

Turismo
4- Aproveitamento do pulo do Ano Xacobeo 2021
Elaborar unha estratexia turística provincial enfocada aos peregrinos, con vistas ao Xacobeo 2021, coa posta en valor dos camiños de Santiago que transcorren pola nosa provincia, así como a Vía Nova ou Vía XVIII do itinerario Antonino que atravesa en diagonal a provincia de Ourense, de suroeste a nordés, desde a fronteira con Portugal en Portela do Home (Lobios) ata a serra de Enciña da Lastra (Rubiá

Identidade e cultura propia
5- Cen anos da Revista Nós
Participar activamente na celebración en 2020 dos cen anos da aparición da Revista Nós, auténtico referente identitario social e político con berce na nosa provincia.

Cultura e Patrimonio
6- Aposta por recuperar, conservar e difundir a memoria oral da provincia
A Deputación axudará a preservar para xeracións vindeiras o patrimonio inmaterial da nosa provincia, agora só dispoñible na memoria dos ourensáns máis lonxevos e susceptible de desaparecer progresivamente co paso do tempo. Un xeito de traballar que conta cun espello claro no Centro de Cultura Popular “Xaquín Lourenzo” desta Deputación Provincial.

Dinamización económica
7- “Marca Ourense”
Estudo da implantación da  “marca Ourense” de calidade na produción agroalimentaria, tendo en conta as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas coas que contamos no territorio provincial.

8- “Plan Exportou”
En convenio coa Confederación de Empresarios de Ourense renovar a alianza para reforzar o apoio ás empresas da provincia no ámbito da internacionalización, reeditando o “Plan Exportou”.

Termalismo
9-  Mesa Técnica Termal
Creación e posta en marcha da Mesa Técnica Termal coordinando diversas administracións en relación a calquera proxecto que se presente, tendo entre os seus obxectivos a axilidade na tramitación.

Cooperacion coa Xunta de Galicia
10- Centros Comarcais 
Estudo da xestión e utilización dos antigos centros comarcais da Xunta de Galicia, como estamos a facer co de Castro Caldelas para ubicar alí o Museo Antropolóxico da Ribeira Sacra.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: