Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O grupo popular no Senado pide ao Goberno axudas para os municipios afectados polos incendios forestais

Imprimir ppou - 09-Novembro-2017 - 13:19:39 


• Nunha moción do PP aprobada hoxe por unanimidade, a senadora ourensá Carmen Leyte afirmou que “os que queimaron sabían o que facían, a súa intencionalidade era clara e elixiron as condicións perfectas para realizar o mal”.

Ourense, 8 de novembro de 2017.- A Cámara Alta aprobou hoxe por unanimidade unha moción do PP que insta o Goberno á adopción de medidas de apoio aos municipios afectados polos incendios forestais. A iniciativa incorporou unha emenda transaccional que introduce na súa redacción o pesar do Senado polas mortes ocasionadas nos incendios forestais acaecidos en Galicia e Gran Canaria e que insta a continuar apoiando ás comunidades galega, castelá-leonesa, asturiana e canaria para superar esta traxedia ambiental.

O texto da moción, que foi defendida pola senadora ourensá Carmen Leyte e o segoviano Juan Carlos Álvarez, pide ao Goberno que axilice a concesión de axudas e subvencións para reparar, na medida do posible, os danos ocasionados polos incendios. Galicia foi a comunidade máis afectada polos incendios que, en torno ao 13 de outubro, arrasaron máis de 35.000 hectáreas e provocaron a morte de catro persoas.

Carmen Leyte afirmou que “os que queimaron sabían o que facían, a súa intencionalidade era clara, prendendo lume en zonas de difícil acceso, con varios focos simultáneos para complicar a súa extinción e maioritariamente de noite para que non puidesen saír os medios aéreos. Elixiron as condicións perfectas para realizar o mal. O monte é noso, de todos, forma parte da nosa memoria, da nosa paisaxe, da nosa riqueza”.

Os incendios non só afectaron os bosques, senón que tamén se aproximaron a zonas urbanas como a área metropolitana de Vigo, que chegou a estar rodeada por cinco lumes. Foi necesario evacuar varias poboacións e paralizar a produción da fábrica de automóbiles PSA Peugeot Citroën en Vigo.

O GPP no Senado lamenta as mortes que provocaron os incendios e recoñece e agradece o labor de todos os que traballaron na súa extinción. A senadora por Ourense expresou o seu “recoñecemento a todos os brigadistas, exército, garda civil, policía, autoridades e veciños que estiveron ao dar todo, mesmo con risco das súas propias vidas”.

Os dous senadores destacaron que os incendios forestais non son un problema de medios de extinción e apuntaron ao despoboamento das zonas rurais e a falta de uso dos montes como os principais problemas do medio ambiente. “Un monte xestionado é un monte con máis defensas fronte aos incendios”, afirmou Juan Carlos Álvarez.

O senador segoviano pediu ao Estado “que proceda a colaborar cos gobernos rexionais en actuacións hidrolóxico-forestais para mitigar os efectos das choivas, tanto en zonas incendiadas como en concas receptoras de posibles arrastres erosivos; na recuperación das infraestruturas danadas; naquelas zonas danadas de hábitats de interese comunitario, e naqueloutras que estime procedente”.

Para iso,  propón que se declare a emerxencia naqueles sinistros de Galicia, Castela e León e Asturias, onde máis grave impacto ambiental causouse. Juan Carlos Álvarez explicou que a declaración de emerxencia é necesaria para que a administración xeral do Estado actúe en terreos e territorios que non son da súa competencia.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: