Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Miguel Ángel Viso defende no Congreso a cooperación entre administracións e a colaboración da sociedade contra os incendios

Imprimir ppou - 08-Novembro-2017 - 09:45:00 


• O deputado popular subliñou que agora toca “continuar coas investigacións, respostar aos danos e traballar cara o futuro, porque o noso enimigo común é o lume e quen o provoca”.

Ourense, 8 de novembro de 2017.- O deputado popular no Congreso pola provincia de Ourense, Miguel Ángel Viso, defendeu a cooperación das administracións contra os incendios forestais  e a colaboración da sociedade coa xustiza “para que aqueles que provocan os lumes con intencionalidade e dolo non queden impunes”. Viso fixo este chamamento durante a súa intervención no pleno da Cámara baixa, en resposta a unha moción do grupo socialista sobre a política do Goberno en prevención e loita contra os incendios, na que subliñou que agora é o momento de “continuar coas investigacións, respostar aos danos e traballar cara o futuro, porque o noso enimigo común é o lume e quen o provoca”.

  
  
Cun recordo ás vítimas dos incendios, á solidariedade coas súas familias e o agradecemento aos profesionais que traballaron nos labores de extinción durante a vaga de lumes, Miguel Ángel Viso destacou o traballo que está a facer o Goberno na avaliación e cuantificación dos danos, “para a recuperación e restauración forestal das zonas afectadas coas medidas oportunas”, en colaboración coa Xunta de Galicia e, no caso concreto de Ourense, coa Deputación provincial.

Viso detallou os aspectos nos que está a traballar o Goberno nesta materia, como a declaración de emerxencia de protección civil nas zonas afectadas, a elaboración da Estratexia de Modernización e Diversificación Rural ou as 85 medidas do Plan de Activación Socioeconómica do sector forestal.

Ademais, entre outras actuacións xerais citou o financiamento estatal dos programas de desenvolvemento rural das comunidades autónomas -2.000 millóns de euros no periodo 2014-2020 para medidas forestais- ou o futuro proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética, “recoñecendo o papel clave que xogan os bosques e a súa xestión fronte ao cambio climático”.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: