Noticias
Blog
O PP do Carballiño insta ao Concello a sacar a concurso os postos baleiros da praza de abastos
O Carballiño, 4 de novembro de 2017.- O goberno local debe de dar seguridade aos praceiros actuais, que seguen pagando a súa taxa polos seus postos dende fai moitos anos, advertiu o PP do Carballiño, que nunha reunión da xunta de portavoces trasladou posibles solucións para conseguilo, ademais de obter información sobre a situación actual dos postos da praza de Abastos, tal como viña reclamando o Partido Popular nas derradeiras semanas.
Para o grupo municipal popular, é unha prioridade que se poda sacar a concurso os postos baleiros da praza de abastos do Carballiño, respectando os actuais que están abertos e dándolle garantía xurídica aos mesmos.
Igualmente, no Partido popular estamos preocupados pola situación de inseguridade na que parecen que están os praceiros que na actualidade teñen o seu establecemento aberto, os cales, se se ateñen ao que se vai recollendo en diversos medios de comunicación, so escoitan do goberno socialista municipal que non están de forma legal, dando a sensación de que eles, que son os auténticos salvadores da actual praza de abastos, pois nalgún caso levan atendendo ao público décadas, poderían verse abocados ao peche.
Estes praceiros que levantan a súa persiana diariamente, pagan puntualmente as súas taxas ano tras ano, logo de que o Concello lles pasa o recibo, e entendemos que non poden ter esta incerteza.
O Grupo Municipal do Partido Popular, á vez que está preocupado, tamén está ocupado para o que leva traballando dende fai meses na procura dunha solución para esta situación, e que ven analizando o que ten sucedido noutros municipios con problemáticas similares ás do Carballiño, e puido expoñer nesta Xunta de portavoces por medio do seu portavoz, Argimiro Marnotes, o que podería ser o camiño para conseguir que se podan sacar a concurso só os postos pechados e que son o problema real da praza de abastos.
A proposta do Grupo Popular, pasa pola aprobación en pleno dun regulamento municipal para a praza de Abastos, onde se regulen usos, horarios, dereitos e obrigas dos concesionarios, dereitos dos usuarios, facultade para executar obras pola administración, e réxime de sancións para posibles infraccións, e neste regulamento deberá de quedar baixo a legalidade por un tempo por determinar que poderían ser de 15 a 25 anos os postos que actualmente están atendendo ao público e que se regularía por medio dunha Disposición transitoria que así o recollera dándolle novos títulos.
Unha vez aprobado este regulamento, o Concello xa estaría en disposición de sacar a concurso a concesión administrativa dos postos pechados e así dentro dun prazo estimado de 15 a 25 anos, o Concello tería nas mesmas condicións administrativas todos os postos da praza de Abastos.
Esta ruta foi ben acollida polo Portavoz do goberno municipal socialista, que quedou de traballar nela e para o que o grupo municipal do Partido Popular, ofrece apoio e o traballo que fose preciso.
Xa no Goberno do Partido Popular no Concello, se empezaran obras de modernización desta instalación que son fortemente subvencionadas pola Xunta de Galicia e o actual Goberno socialista continuou nesta liña, pero con isto só, no salvamos a nosa praza, pois a nosa praza só se salva tendo a pleno rendemento e non a menos do 50% como na actualidade. Con iso só conseguiremos ter un edificio moi ben decorado pero sen contido e esmorecéndose.
É o momento de afrontar esta problemática de forma seria e o goberno municipal puido comprobar unha vez máis que o Grupo Municipal do PP fai propostas que son adecuadas para a resolución de problemas.