Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Novas Xeracións de Ourense cidade e a Asociación contra o Cancro colaboran nunha campaña de recollida de xoguetes

Imprimir ppou - 06-Novembro-2017 - 11:17:32 


Ourense, 4 de novembro de 2017.- Novas Xeracións de Ourense cidade e maila Asociación Española contra o Cancro acordaron sumar esforzos para poñer en marcha unha campaña de recollida de xoguetes que serán destinados ás familias e nenos.

  
  
Baixo o lema “Ilusiona cun xoguete”, esta iniciativa centrarase na recollida de xoguetes novos, debido a cuestións sanitarias e de seguridade, seguindo os requisitos que para este tipo de campañas establece a Asociación contra o Cancro.
 
Tanto Novas Xeracións como AECC convidarán a participar nesta campaña ás xogueterías, negocios, empresas e entidades de Ourense, así como tamén por suposto a cantas persoas a título particular desexen doar xoguetes, que serán recollidos na sede Provincial do PP de Ourense e na sede da AECC de Ourense.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: