Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os orzamentos da Xunta para Ourense en 2018 garanten os proxectos comprometidos para Ourense polo PP na presente lexislatura

Imprimir ppou - 23-Outubro-2017 - 12:46:36 


• Os parlamentarios ourensáns na súa valoración do documento económico, destacaron a segunda posición da provincia en investimento por habitante, o incremento do 52 % nos fondos destinados a Ourense en infraestruturas e vivenda e “a clara aposta polos hospitais comarcais e a mellora da atención sanitaria que reciben todos os veciños das comarcas”.

Ourense, 23 de outubro de 2017.- O proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para 2018 son “equitativos, inclusivos e integradores, consolidando a recuperación económica, pero sobre todo garanten o desenvolvemento dos proxectos comprometidos polo PP para Ourense nesta lexislatura”. A portavoz do PP ourensán e parlamentaria, Cristina Romero, definiu así o documento económico presentado polo goberno galego para o próximo exercicio, do que salientou os 1.148 millóns de euros que destinados a Ourense, que se sitúa como a segunda provincia galega que máis diñeiro percibe por habitante con 3.648 euros.

  
  
Na sede provincial do PP, os representantes populares ourensáns no Parlamento galego fixeron esta mañá unha valoración do proxecto orzamentario, do que Cristina Romero destacou que “persevera na estratexia dos últimos anos, que nos levou a un cremento sostido. Nesta liña apuntou que a Xunta está a demostrar “que se pode consolidar o crecemento económico con máis gasto público, máis investimento, unha forte aposta polas políticas sociais, que se levan o 75 % do orzamento, e unha menor presión fiscal que incidirá directamente na vida dos galegos.

O parlamentario José González foi o encargado de comentar as principais cifras que o proxecto de orzamento destina á provincia de Ourense, subliñando que “no reparto territorial, o interior de Galicia vai recibir máis fondos que o eixo atlántico”, incidindo nesa segunda posición da provincia no investimento por habitante.

Apuntou José González dous capítulos de especial relevancia, como as infraestruturas e a Sanidade. Sobre o primeiro deles destacou que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda incrementará en máis dun 52 % os fondos destinados a Ourense en 2018: 72,8 millóns de euros fronte aos 47,79 do pasado ano de tal xeito que o investimento deste departamento será o maior das catro provincias e superará os 231 euros por habitante.

Este incremento permitirá dar un importante impulso ás comunicacións, apartado no que a Axencia Galega de Infraestruturas eleva a súa dispoñibilidade desde os 41,8 millóns de 2017 ata os case 51 millóns previstos para 2018.

O principal investimento corresponde aos 5,72 millóns previstos para a conexión entre o polígono de San Cibrao e a autovía A-52, obras que se licitarán xa no próximo mes de novembro e que se calcula comezen no primeiro trimestre do 2018. Tamén destacan, entre outras partidas, a mellora da seguridade viaria na estrada OU-105 en Seixalbo (900.000 €); a mellora da avenida Otero Pedrayo na capital (1,35 millóns); o desenvolvemento do Plan de sendas de Galicia na comarca de Ourense (1,77 millóns); ou os case que 11 millóns de euros qie irán á mellora de vías de titularidade autonómica e vialidade invernal. Tamén compre destacar os 13,3 millóns de euros para o Plan de transporte público de Galicia e os 2,7 millóns consignados para o inicio das obras da estación intermodal de Ourense.

Outro aspecto a mencionar é o aumento do 42 % no orzamento do Instituto Galego da Vivenda e Solo para Ourense, que pasa dos 4,95 millóns en 2017 aos 8,54 millóns en 2018. Entre as partidas más destacadas están os 6,75 millóns para a rehabilitación de vivendas que permitirá, entre outras actuacións, desenvolver o programa Rexurbe na provincia. Con ese fin resérvanse 2,5 millóns de euros para a adquisición e recuperación de edificios, entre outros, nos cascos históricos de Ourense e Ribadavia para destinalos a vivenda social.

Sanidade
Para os parlamentarios ourensáns, xunto ao investimento previsto na Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten tamén o seu protagonismo a Consellería de Sanidade, “onde o Goberno galego aposta claramente polos hospitais comarcais e a mellora da atención sanitaria que reciben todos os veciños das comarcas”. Ademais de continuar cos investimentos no plan director do CHUO con 1,5 millóns, o hospital do Barco recibirá 520.000 euros para mellora das instalacións, consultas externas, hospital de día e cirurxía maior ambulatoria e o hospital Verin terá 160.000 euros para mellorar das urxencias e a áreas ambulatoria. En centros de saúde están previstos 348.000 para Pereiro de Aguiar e 216.000 para Paderne de Allariz.

Polo que respecta ao resto dos departamentos da Xunta de Galicia, os representantes populares puxeron a súa atención nos seguintes aspectos:

Consellería de Política Social:  O compromiso co centro terapéutico de atención integral para discapacitados de Ourense, con 300.000 euros para o próximo exercicio, estando previstas dúas partidas máis de 2 e 3 millóns, respectivamente, para os anos 2019 e 2020.

Consellería de Cultura e Educación: Máis de 2,8 millóns na ampliación e mellora de centros educativos, sinaladamente 1,1 millóns de euros para melloras de centros educativos en Ribadavia, 1 millón para melloras en centros educativos de Ourense capital e 554.000 euros para a escola infantil en Paderne de Allariz. Tamén en Ribadavia está previsto un investimento de 631.000 euros para infraestruturas culturais.

Consellería de Presidencia: o Albergue de Peregrinos de Ourense cun investimento de 397.000 euros. 

Consellería de Economía e Emprego: Case que 5 millóns, dos que 964.000 euros irán para parques empresariais e viveros; 700.000 para o polígono do Vinteún e 200.000 para solo empresarial en Verín. Preto de 3,8 millóns para actuacións no Parque Tecnolóxico de Galicia, o Centro Tecnolóxico da Carne, CIS da Madeira ou o  Laboratorio de Metroloxía.

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: 1,4 millóns para actuacións ambientais e a mesma cantidade para o plan Urbe.

Consellería de Medio Rural: infraestruturas relacionadas co desenvolvemento e adaptación da agricultura e silvicultura con case 7,6 millóns, apostando polo remate dos procesos de concentración parcelaria iniciados na provincia. Recóllense as reclamacións da comarca da Limia, con case 4,4 millóns para o plan de regadío. Actuacións en prevención de incendios na provincia (4,2 millóns) e recuperación dos montes afectados polos lumes, coa finalidade de devolverlle o seu potencial forestal cun importe de 2,2 millóns.

Sendo esta a lexislatura na que o Goberno galego aposta polo rural, compre sinalar ademais que os orzamentos para 2018 prevén axudas ás industrias agroalimentarias para investimento e comercialización dos seus produtos; para a primeira instalación de mozos no rural; investimentos en explotacións agrarias; axudas para a agricultura ecolóxica ou a extensificación do vacún de leite; tamén se aposta por un rural multifuncional con axudas para investimento, creación e desenvolvemento de actividades non agrícolas; ou o apoio aos proxectos do plan Leader e os grupos de desenvolvemento rural.


Suscíbete:
Redes Sociales: