Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O grupo provincial popular mantén que a reprobación do presidente da Fegamp “ten a máis absoluta validez”

Imprimir ppou - 19-Outubro-2017 - 14:27:54 


• O coordinador dos populares, Pablo Pérez, lembra que o propio secretario xeral “non chegou a pronunciarse sobre a validez da emenda do PP” aínda que coñecía de antemán o seu contido e “no propio pleno ninguén invocou a presunta ilegalidade da nosa iniciativa”

Ourense, 19 de outubro de 2017.- “Seguimos mantendo que o acordo adoptado no pleno extraordinario do nove de agosto ten a máis absoluta relación coa reprobable conducta do presidente da Fegamp”, manifestou esta mañá o coordinador do grupo provincial do Partido Popular, Pablo Pérez, en resposta ao informe xurídico do secretario xeral da institución provincial, no que ven de considerar como nulo o citado acordo.

Lembrou Pablo Pérez que “ninguén advertiu que a emenda do grupo popular á proposta dun plan único presentada polos grupos da oposición estivera mal plantexada”, en referencia ao propio secretario xeral que, “ademais de non asistir a este pleno, coñecía con antelación a presentación e o contido de ambos os dous textos –a moción dos tres grupos da oposición e a proposta do grupo de goberno- sen que chegara a pronunciarse sobre a súa validez”. Aínda máis, advertiu, “no propio pleno ninguén invocou a presunta ilegalidade da nosa iniciativa”.

Para Pablo Pérez, a emenda popular estaba totalmente relacionada “co circo que montou a oposición para esixir un plan de reparto de fondos, pois a proposta dos tres partidos partía da Fegamp, ao convocar unha xuntanza de alcaldes con total  escurantismo e sen consultar con ningún dos órganos nos que o Partido Popular está representado”.

O coordinador do grupo popular engadiu que o propio Alfredo García dalles a razón sobre a súa continua falta de respecto institucional ao manifestar recentemente que ía a acudir ás reunións con grabadora, en referencia á entrevista mantida recentemente co conselleiro de Sanidade, negando as declaracións realizadas con posterioridade polo representante do goberno da Xunta.

O grupo provincial do PP, declarou Pablo Pérez, mantén a plena validez da súa iniciativa “polo que presentará unha nova moción para reprobar ao presidente da Fegamp polo seu comportamento sectario e partidista, é dicir, nos mesmos termos que na emenda do pleno de agosto”


Suscíbete:
Redes Sociales: