Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP ourensán, primeira formación que constitúe en España o comité de campaña para as eleccións locais e europeas de 2019

Imprimir ppou - 02-Outubro-2017 - 19:10:53 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que con esta anticipación preténdese “conseguir a máxima implicación de toda a maquinaria popular para que os ourensáns vexan que en calquera lugar hai alguén do noso partido comprometido coa provincia”.

Ourense, 2 de outubro de 2017.- O Comité de Dirección do Partido Popular de Ourense nomeu esta tarde aos membros do Comité de Campaña que se encargarán da organización e desenvolvemento dos actos que se celebrarán con motivo das eleccións locais e europeas de 2019. Os populares ourensáns, unha vez máis, convértense na primeira formación política en España en poñer en marcha este órgano electoral, “o que ven de demostrar a dinámica de traballo continuo que nos caracteriza”, afirmou o presidente provincial, Manuel Baltar.

Na reunión celebrada esta tarde no castelo de Maceda, o Comité de Dirección estableceu as liñas básicas de actuación que rexerán a partir deste momento de cara ás eleccións de 2019. Baixo o lema “Pasión por Ourense”, os populares formularon como obxectivos máis próximos o nomeamento dos candidatos ás 92 alcaldías antes do remate do ano, a incorporación de mozos en todas as listas ou, como nas locais de 2015, a presentación dunha candidatura á presidencia da Deputación e un programa provincial de goberno
  
  

Para Manuel Baltar, a anticipación coa que traballa o PP de Ourense só ten unha clara finalidade: “conseguir a máxima implicación de toda a maquinaria popular para que os ourensáns vexan que en calquera lugar hai alguén do noso partido comprometido coa provincia, traducindo este traballo en apoio electoral histórico nunhas eleccións municipais”.

Comité de Campaña
Integrado por vinte persoas, baixo a presidencia do propio Manuel Baltar como responsable político, a composición do comité de campaña é a seguinte:

Responsable político:
Manuel Baltar
Coordinador de campaña:
Rosendo Fernández
Coordinador de organización:
Jorge Pumar

Responsable de campaña de goberno provincial:
Pablo Pérez

Xerente de campaña, responsable de publicidade, medios e publicidad exterior:
Luis Vergara
Responsable de programa electoral:
Cristina Romero 

Responsable de formación: 
Miguel Ángel Viso
Responsable de argumentarios:
Moisés Blanco

Responsable de mailing
Carmen Leyte

Responsable voto por correo:
Ana Belén Vázquez

Responsable do voto exterior en España:
Antonio Rodríguez Miranda

Responsable de interventores e apoderados:
Marife Dacoba

Responsable de Ourense cidade:
Jesús Vázquez

Responsable de asesoría xurídica:
Mª. Carmen Carballo
Responsable campaña de dirixentes nacionais e autonómicos:
Miri Barreira
Responsable de transparencia:
Marisol Díaz
Responsable de mobilización electoral e actos:
Miguel Santalices
Responsable de NN XX:
José Antonio Parente

Responsable de novas tecnoloxías e redes sociais:
Luciano Iglesias
Responsable de prensa:
Alberto Carnero

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: