Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O conselleiro de Sanidade confirma que o hospital de Valdeorras terá máis inversión e máis servizos próximos ao cidadán

Imprimir ppou - 28-Septembro-2017 - 16:49:33 


• O deputado valdeorrés Moisés Blanco trasladou ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, a “lóxica inquietude” da comarca ante a próxima reforma da Lei de Saúde

• O conselleiro indicoulle que coa reforma da Lei de Saúde non desaparece a área se non que transforma Valdeorras en distrito sanitario, o que permite blindar por lei a permanencia e actividade do Hospital e acercar os especialistas a Valdeorras 

• Recordou  o incremento de especialidades que pasaron de ser tres a dez do 2012 ao 2017 e a inversión de preto de 1.500.000 euros e que confirma a aposta da Xunta polo hospital comarcal 

Santiago, 28 de setembro de 2017.- O deputado valdeorrés Moisés Blanco Paradelo mantivo unha reunión co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, quen lle confirmou que o Hospital de Valdeorras terá “máis inversión e máis servizos próximos ao cidadán coa próxima reforma da Lei de Saúde de Galicia”.

  
  
O representante da Xunta indicou que coa reforma da Lei de Saúde non desaparecerá a área se non que transforma Valdeorras en distrito sanitario, o que permite blindar por lei a permanencia e actividade do Hospital, que entre outras cuestións facilitará a mobilidade dos facultativos, posibilitando que os especialistas se despracen a Valdeorras con máis frecuencia e evitando, deste xeito, os desprazamentos a Ourense.

O titular de Sanidade recordou que “desde o ano 2011, co modelo das EOXI,  foron evitados case 47.000 desprazamentos aos pacientes que foron atendidos no Hospital de Valdeorras” e coa reforma “seguirán evitándose xa que promoverá que os especialistas poidan acercarse e con maior frecuencia ao Hospital”.

O deputado popular trasladou a Jesús Vázquez Almuíña as inquedanzas dos cidadáns sobre a perda de calidade asistencial coa reforma da lei  ao que o conselleiro de Sanidade indicou rotundamente que   “non se perde calidade en absoluto xa que se crea o distrito sanitario como marco de referencia para a coordinación da atención primaria, hospitalaria e sociosanitaria, se crearán máis e mellores servizos sanitarios e a atención será máis próxima ao domicilio, polo que os pacientes serán os grandes beneficiados da actualización da Lei”. 

Nese sentido, o conselleiro recordou o incremento de especialidades desde o ano 2012 "pasando de ter tres:  Cardioloxía, Neuroloxía e Oncoloxía Médica a ter dez, engadíndolle Dixestivo, Endocrinoloxía, Medicina Preventiva, Pediatría, Rehabilitación, Reumatoloxía e Uroloxía, cun incremento en consultas que pasaron de 4.286 no 2012 a 24.240 no 2016”.

Así mesmo, o representante da Xunta fixo referencia aos investimentos desde o ano 2012 ata o primeiro semestre do actual 2017 de preto de 1.500.000 euros, destacando entre eles o TAC, o mamógrafo ou o detector radiolóxico dixital. 

O deputado popular amosou a súa satisfacción pola blindaxe que produce a reforma da Lei do Hospital comarcal de Valdeorras e sinalou que a reforma aínda pode seguir avanzando e recibindo achegas tanto polos veciños como no seu debate posterior no Parlamento de Galicia. 


Suscíbete:
Redes Sociales: