Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Adrián Pardo visita Ourense para presentar a súa candidatura á presidencia de Novas Xeracións de Galicia

Imprimir ppou - 13-Septembro-2017 - 19:19:31 


• Entre os seus obxectivos está “seguir a construír a organización máis forte da política xuvenil, agora con 3.000 afiliados, a canteira máis valiosa de todos os partidos do país”. 

Ourense, 13 de setembro de 2017.- “Temos que ser un foro de ideas que axude ao noso partido e aos seus gobernos a conectar coa rúa”, dixo hoxe Adrián Pardo durante a visita que esta tarde realizou a Ourense para presentar a súa candidatura á presidencia da organización xuvenil do Partido Popular de Galicia, Novas Xeracións, que celebrará o seu congreso a próxima semana.

  
  
Nun encontro na sede provincial do PP, Pardo afirmou que entre os seus obxectivos está “seguir a construír a organización máis forte da política xuvenil, agora con 3.000 afiliados, a canteira máis valiosa de todos os partidos do país”. Para o candidato, os mozos das Novas Xeracións “saben reivindicar cambios, son inconformistas, con sentido común e ideas claras. Somos novos, pero temos os pés na terra”. Formación, máis presencia na universidade, pulo ao deporte ou fomento do voluntarado son algunhas das propostas do seu programa, coa intención, engadiu, “de converter ás Novas Xeracións no partido que máis se parece á mocidade galega”.

Adrián Pardo (Oleiros, 1993) é graduado en Dereito pola Universidade da Coruña, onde tamén cursa o mestrado de acceso á avogacía. Vencellado ao PP desde hai sete anos, ocupou a secretaría xeral de NNXX da Coruña, período no que fixo unha profunda renovación e creación de novas xuntas locais. 

O candidato foi presentado polo presidente provincial de Novas Xeracións, José Antonio Parente, que lle pediu a Pardo quer compartise “o sentimento de ourensanía, galeguismo e municipalismo que nos caracteriza nesta terra”.

Tamén estivo presente no encontro o vicesecretario xeral do PP ourensán, Jorge Pumar, que destacou a importancia que a formación popular “da á participación dos mozos nos cargos orgánicos da formación”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: