Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP de Ribadavia critica a nefasta programación das Festas do Portal 2017

Imprimir ppou - 13-Septembro-2017 - 16:33:23 


Ribadavia, 13 de setembro de 2017.- O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia considera que a programación  das pasadas Festas do Portal de Ribadavia foi das máis pobres no que se refire a oferta de espectáculos dos últimos anos, deixando de lado actuacións de orquestras, charangas e grupos de música tradicional.  As actuacións estelares propostas polo goberno socialista non tiveron o respaldo do público esperado e, a entender deste grupo, a escasa e tardía  promoción, unida á nefasta organización de venda de entradas ocasionaron unha asistencia moi por baixo da esperada. 

Cómpre sinalar que o anuncio dos concertos de Manu Tenorio e Efecto Pasillo realizouse o pasado 17 de maio como unha gran noticia en substitución e para tapar  a inexplicable ausencia de programación por parte do Concello no pasado  Día das Letras Galegas, polo que queda claro que tiveron tempo máis que suficiente para realizar unha mellor xestión promocional e de venda de entradas.

O voceiro popular César Fernández, sinalou que “se non chega a ser pola colaboración de diversos colectivos e asociacións de Ribadavia que axudaron a encher un programa que só ofrecía  dúas actuacións, unha delas con despacho de billetes, e unha tirada de fogos, estas Festa do Portal serían lembradas como unhas das peores en moitos anos.”

Cada vez máis, estas Festas da Patroa do Ribeiro espertan menos interese na poboación da comarca, sendo a asistencia de público cada vez menor debido a que non se realiza unha programación atractiva a todos os públicos e de todas as idades, proba delo é a práctica inexistencia de atraccións para os máis pequenos debido ao  escaso interese que desgraciadamente espertan estas festas entre os profesionais deste sector.


Suscíbete:
Redes Sociales: