Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O grupo popular urxe a adopción de medidas para paliar a perda de produción agrícola pola climatoloxía

Imprimir ppou - 05-Septembro-2017 - 14:13:16 


• Nunha moción para o seu debate no pleno de setembro, o PP recolle a preocupación nas principais zonas agrícolas da provincia polos efectos da treobada de auga e pedrazo da pasada semana.

• Propón que se involucren todas as administración na concienciación sobre a necesidade de contratar seguros agrarios, ademáis de facer unha diferenciación clara dos danos ocasionados e solicitar á Xunta de Galicia axudas para os damnificados logo de facer un estudo e a declaración de Zona de Emerxencia nas áreas afectadas.

Ourense, 1 de setembro de 2017.- O grupo provincial popular levará ao pleno de setembro unha moción na que, por segunda vez neste ano, se formula a adopción de medidas que traten de paliar a perda de produción agrícola rexistrada na provincia, como consecuencia das adversas condicións meteorolóxicas que se están a rexistrar nos últimos meses.

Desta volta a moción fai referencia á treboada de auga e pedrazo que o pasado 28 de agosto afectou a numerosos puntos da provincia, ocasionando irreparables danos na produción agrícola, principalmente nas comarcas vitivinícolas.

O grupo popular recolle na súa moción as previsións da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia que calcula un aumento das perdas, dato contrastado polo Consello Regulador do Ribeiro que xa instou os produtores o inicio da vendima de xeito urxente coma último recurso para intentar salvar unha tempada xa moi castigada durante todo o ano.

Os populares constatan a preocupación e desesperación dos agricultores ourensáns ante as continuas perdas ocasionadas polas xeadas e treboadas da pasada primavera e agora en verán, así como pola prolongada seca. 

A moción propón facer un exhaustivo seguemento, a través do Instituto do Campo e en contacto cos consellos reguladores e demais asociacións e agrupacións agrarias, do estado dos principais cultivos no noso territorio e a incidencia que esta nova treboada tivo na súa produción.

Lembran os populares, ademais, que moitas das explotacións afectadas se corresponden con pequenos agricultores que ven en grave risco viabilidade económica da súa produción, o que fai necesario que as administracións reforcen a importancia dos seguros agrarios facendo campañas de concienciación. 

A liña de propostas tamén emplaza á Xunta de Galicia a que faga unha clara diferenciación dos feitos ocorridos nos últimos días, polo que solicitará axudas para paliar os danos e solicitará a tramitación como Zona de Emerxencia das distintas áreas afectadas.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: