Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O grupo popular pedirá a reprobación de Alfredo García pola “utilización sectaria e partidista da FEGAMP”

Imprimir ppou - 07-Agosto-2017 - 13:26:55 


  • A proposta forma parte dunha emenda de substitución, que se debaterá no pleno extraordinario do mércores, á moción presentada pola oposición.
  • O PP tamén propón afondar na xestión económica que permite poñer en marcha plans de actuación cara os concellos e manter o cumprimento do plan de mandato Ourense 15-19

Ourense, 7 de agosto de 2017.- O grupo provincial popular pedirá a reprobación do alcalde do Barco e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, “pola utilización sectaria e partidista” que está a facer desta entidade, á que pertence a Deputación de Ourense. A proposta forma parte da enmenda de substitución rexistrada esta mañá polo PP para o pleno extraordinario solicitado polos grupos da oposición –PSOE, DO e BNG- e que se celebrará este mércores.

Para o grupo popular, a petición dun pleno extraordinario por parte da oposición para tratar o sistema de reparto de fondos da institución provincial  “é incomprensible, demostrando que prefiren facer unha desesperada política de foto en lugar de pedir unha reunión para falar”.

Unha actitude impulsada polo alcalde do Barco e presidente da Fegamp, Alfredo García, que o pasado 11 de xullo “rachou coa máxima da autonomía municipal, do respecto institucional e do consenso que ven de presidir a toma de decisións nesta Federación, ao convocar unha xuntanza de alcaldes nun centro desta Deputación con total escurantismo e sen consultar con ningún dos órganos nos que o Partido Popular está representado (xunta de voceiros, comité executivo e comité federal)”.

Fronte á obxectividade e a independencia que debería ter a Fegamp, sinalan os populares, “faise partidismo e unha intromisión ilexítima nas competencias do goberno provincial”, o que cuestiona a a capacidade do seu presidente para seguir ao frente da Federación”.

A emenda de substitución do Partido Popular inclúe tres puntos máis para o deu debate no pleno extraordinario. A primeira delas propón afondar na xestión económica que permite aprobar plans e actuacións cara concellos e cidadáns, contidos na Carta de Servizos da institución, onde a publicidade e a concorrencia competitiva caracterizan as convocatorias.

Tamén se incide no cumprimento do Plan de mandato Ourense 15-19 que inclúe axudas da mesma contía económica para todos os concellos da provincia menores de 20.000 habitantes “como as que resultan do Plan Provincial de Obras e Servizos, o Plan de Desbroces de vías provinciais, o Plan de empregabilidade ou o Plan de axudas a actividades da mocidade”.

O grupo provincial popular quere que estas propostas sexan trasladadas a todos os concellos da provincia de Ourense, aos integrantes do Consello Federal da FEGAMP, aos compoñentes da Comisión Executiva da FEGAMP, á Xunta de Voceiros da FEGAMP, ao Presidente da Xunta de Galicia e ao Presidente do Parlamento de Galicia.”



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: