Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Escola de Verán Miguel Ángel Blanco. Manuel Baltar: “Non debemos ter complexos á hora de exercer o galleguismo, que é o factor diferencial e de apoio electoral ao PP”

Imprimir ppou - 22-Xullo-2017 - 15:43:23 



• A Escola de Verán Miguel Ángel Blanco rematou hoxe no Carballiño cunha chamada da secretaria xeral dos populares vascos, Amaya Fernández, á humanización das vítimas de ETA e a contar a verdade do acontecido en catro décadas de terrorismo.

• Nunha mesa redonda sobre o futuro do galeguismo afirmouse que fronte á excluínte de Galicia por parte dos nacionalistas non hai que perder de vista o reformismo e interactuar coa globalización

Ourense, 22 de xullo de 2017.- Os populares non deben ter complexos á hora de exercer o galeguismo “porque ese é o noso factor diferencial, a razón do gran apoio electoral que tivemos e que seguiremos a ter na provincia”, defendeu o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, na clausura da sétima edición da Escola de Verán Miguel Blanco que se celebrou como xa é habitual na casa da cultura do Carballiño.

Cunha referencia expresa a Miguel Ángel Blanco, “que personifica a liberdade e a paz”, Manuel Baltar afirmou que o galeguismo tamén é exercitar a memoria, revindicando a importancia que tivo Ourense “non só na formación do pensamento político galeguista, senón tamén do devir histórico das formacións políticas en Galicia”.

Na provincia, engadiu, tamén houbo persoas con inequívoca vocación transformadora e galeguista, citando por exemplo a Eulogio Gómez Franqueira, ou o berce de formcións como Coalición Galega, ademais de facer referencias aos ourensáns que participaron en Centristas de Galicia. “A resposta á política que temos que facer desde e para Galicia –subliñou- está no galeguismo, que nace dun dos tesouros que temos que é o noso idioma”

O acto de clausura tamén contou coa presenza de Amaya Fernández, secretaria xeral do PP vasco, que tamén ocupa o cargo de vicesecretaria do PP de Vizcaya e maila presidencia da formación en Barakaldo, concello no que exerce de portavoz.

A figura de Miguel Ángel Blanco, no vinte aniversario do seu asasinato, foi o eixo da intervención de Amaya Fernández, para quen a morte do concelleiro a mans de ETA “supuxo un cambio na sociedade vasca que comezou a crer nela mesma, un paso imprescindible para derrotar ao terrorismo”. 

Para a secretaria xeral do PP vasco aínda quedan tres batallas por diante, tan importantes como as libradas ata o de agora: a disolución de ETA, a memoria das vítimas do terrorismo para humanizarlas e o relato do acontecido durante catro décadas, “contando a verdade do que padecimos para que as xeracións que non viviron o terrorismo saiban o que sufrimos, destacando a nobreza da sociedade civil que se enfrentou á banda e a dignidade das vítimas fronte á vileza dos terroristas”.

Retos do galeguismo
A segunda e última xornada da escola popular comezou cunha mesa redonda na que se abordou en profundidade o galeguismo do século XXI e os novos retos de futuro para Galicia. Moderada por Miguel Santalices, coordinador de política autonómica do PPOU e presidente do Parlamento de Galicia, nela participaron Pedro Puy, vocal do comité de dirección do PPdeG e portavoz do grupo popular no Parlamento de Galicia; Manuel Ruíz, alcalde de Ribeira; José Antonio Parente, presidente provincial de Novas Xeracións; e César Fernández, secretario de estudos e pensamento galeguista e parlamentario autonómico.

Ao longo das intervencións subliñouse que o galeguismo é un xeito específico de defender a terra, un compromiso persoal e un sentimento integrador que se diferenza do carácter excluínte do nacionalismo. Fronte a esta concepción excluínte de Galicia, os convidados destacaron que o galeguismo no debe perder de vista o reformismo, interactuando e participando da globalización do mundo actual.

Ademais de referencias á mocidade e maila ourensanía, para afrontar o futuro o galeguismo ten que afrontar tamén a modernización dos sectores produtivos de Galicia, a relación co medio desde a perspectiva da propiedade e a posibilidade de acomodar e desenvolver a política institucional, no marco estatutario e constitucional, a unha realidade que muda continuamente.

Suscíbete:
Redes Sociales: