Noticias
Blog
O PP de Nogueira de Ramuín elixe a César Parente como candidato á Alcaldía nas vindeiras eleccións municipais

Na mesma xuntanza, celebrada en Luintra onte, os membros do órgano directivo do partido elixiron como candidato á alcaldía a César Parente, actual tenente alcalde e director dunha entidade bancaria. Os asistentes agradeceron o traballo de Temes durante estes anos, e Cesar Parente asumíu a súa candidatura "coa forza de sempre para seguir traballando ao máximo por Nogueira de Ramuín" como así perciben as veciñas e veciños o traballo dos populares neste concello. O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, suliñou o excelente ambiente e disposición dos populares de Nogueira, recoñeceu o esforzo e traxectoria de Temes e agradeceu a César Parente que asumira o liderado da candidatura vista a unanimidade dos membros do PP en Nogueira sobre a súa persona.