Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Manuel Baltar pide aos populares “máxima atención” ás necesidades dos concellos e da veciñanza para traducir en propostas de goberno

Imprimir ppou - 19-Xullo-2017 - 18:03:50 


• A xunta directiva do Partido Popular reuniuse esta tarde coa presenza Jesús Vázquez Almuíña, membro do comité executivo do PPdeG.

Ourense, 19 de xullo de 2017.- O presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, pediu hoxe aos populares que escoiten aos seus veciños “para reflectir nas nosas propostas de goberno as súas necesidades reais, demostrando como xa vimos de facer que somos a única formación política que cre, pensa e actúa por e para Ourense”. Manuel Baltar lanzou esta mensaxe no decurso da xunta directiva que o partido celebrou esta tarde, coa presencia de Jesús Vázquez Almuíña, membro do comité executivo do PPdeG.

  
  
O presidente provincial reclamou a máxima concentración cara o inicio do próximo curso político. “O PP ourensán caracterízase pola súa continua acción política, aínda fora de procesos electorais –lembrou- pero agora xa é tempo de afondar neste labor e poñer a máxima atención nas necesidades dos nosos concellos e da súa veciñanza, escoitala e traducir as súas demandas en propostas de goberno”.

Manuel Baltar citou expresamente a necesidade de coñecer como perciben os ourensáns a prestación dos servizos públicos, “o que sen dúbida nos permitirá mellorar o noso labor á fronte dos gobernos locais e da Deputación, como concello de concellos que é”.

Os servizos públicos son, precisamente, un dos asuntos que o PP de Ourense está a incluir na orde do día das súas xuntas directivas, polo que nas últimas convocatorias está a convidar a membros do comité executivo do PPdeG con ampla experiencia nos mesmos.

Hoxe foi o turno de Jesús Vázquez Almuíña, que repasou aspectos básicos das infraestruturas sanitarias que se porán en marcha ao longo deste ano na provincia, así como as previsións para o próximo exercicio.



Suscíbete:
Redes Sociales: