Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os populares ourensáns analizarán o galeguismo como aposta de futuro na sétima Escola de Verán Miguel Ángel Blanco

Imprimir ppou - 17-Xullo-2017 - 10:42:27 

• Ademais de cita formativa e de participación política, dixo o secretario de organización, Pablo Pérez, “este encontro honra a memoria dun mozo que se converteu en todo un símbolo da defensa dos dereitos fundamentais e a liberdade cidadá”.

• A portavoz do PP, Cristina Romero, agradeceu a colaboración do PP nacional, que este ano traduciuse na presenza no acto de clausura da secretaria xeral dos populares vascos, Amaya Fernández.

Ourense, 17 de xullo de 2017.- A casa da cultura do Carballiño acollerá os próximos 21 e 22 de xullo a sétima edición da Escola de Verán Miguel Ángel Blanco do Partido Popular de Ourense, que este ano estará adicada o galeguismo como aposta de futuro e contará na clausura coa presenza de Amaya Fernández Angulo, secretaria xeral do PP do País Vasco. Unha cita formativa e de participación políticia para os cargos públicos populares de Ourense que nesta edición adquire unha especial importancia ao se cumprir o vixésimo aniversario do asasinato, a mans da banda terrorista ETA, do concelleiro popular de Ermua, tal e como destacaron esta mañá na presentación do encontro o secretario de organización do PP de Ourense, Pablo Pérez, e a portavoz do partido, Cristina Romero.

  
  
Na súa intervención Pablo Pérez subliñou precisamente que o nome desta escola “non só honra a memoria dun mozo, Miguel Ángel Blanco, senón de todo un símbolo da defensa dos dereitos fundamentais e a liberdade cidadá, que como vimos estes días non son quen de comprender aqueles que puxeron todos os atrancos do mundo ás homenaxes organizadas ao se cumprir vinte da execución do concelleiro”.

A escola de verán do PP, dixo o secretario de organización, está pensada como unha cita formativa e de participación política para os cargos públicos populares da provincia, “co obxectivo de potenciar o diálogo e achegar propostas que nos permitan manter o contacto directo coa sociedade, abordando temas que configuran a actualidade na axenda política e social”. 

Nesta liña, engadiu Pérez, a sétima edición deste encontro está dedicada o galeguismo “pero desde unha perspectiva de futuro na que ser galeguista nada ten que ver co nacionalismo e moito menos co independentismo, senón coa loita por mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, por defender o noso idioma e por facer unha terra atractiva para o investimento, xa sexa por parte dos emigrantes que desexen retornar ou mesmo doutros países”.

Relatorios e mesas redondas
A portavoz do PP, Cristina Romero, foi a encargada de detallar o programa da escola de verán, da que lembrou “é unha aposta persoal do presidente provincial, Manuel Baltar”.

Romero quixo agradecer en primeiro lugar a participación de todos os convidados e mesmo á dirección nacional do Partido Popular “que desde o primeiro momento soubo entender a importancia desta cita política facilitando a presenza de destacados dirixentes da formación por todo o territorio español”. Unha colaboración que este ano se traduce na presenza, no acto de clausura, da secretaria xeral dos populares do País Vasco, Amaya Fernández Angulo.

A escola de verán, explicou a portavoz do PP de Ourense, comezará o venres día 21 coa intervención do presidente provincial, Manuel Baltar, e o secretario de estudos e pensamento galeguista e parlamentario autonómico, César Fernández Gil. Nesta xornada haberá dous relatorios. O primeiro deles, "O galeguismo coma fundamento dun discurso político maioritario", correrá a cargo de Xesús Palmou Lorenzo, ex secretario xeral do PPdeG, mentres que o segundo será de Xosé Manuel Barreiro Rivas, portavoz do grupo popular no Senado, e tratará sobre “O espazo político do galeguismo nas cortes xerais".

O sábado, día 22, a xornada comezará cunha mesa redonda que, destacou Cristina Romero, abordará en profundidade o galeguismo do século XXI e os novos retos para o futuro de Galicia. A mesa estará moderada por Miguel Santalices Vieira, coordinador de política autonómica do PPOU e presidente do Parlamento de Galicia, e nela participarán Pedro Puy Fraga, vocal do comité de dirección do PPdeG e portavoz do grupo popular no Parlamento de Galicia; Manuel Ruíz Rivas, alcalde de Ribeira; José Antonio Parente Camino, presidente provincial de Novas Xeracións; e o xa citado César Fernández.

A clausura principiará cun video de homenaxe a Miguel Ángel Blanco no vixésimo aniversario do seu asasinato e incluirá unhas verbas de Manuel Baltar e a intervención de Amaya Fernández, que ademais da secretaría xeral dos populares vascos tamén ocupa o cargo de vicesecretaria do PP de Vizcaya e maila presidencia da formación en Barakaldo, concello no que exerce de portavoz.


Suscíbete:
Redes Sociales: