Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O grupo popular proporá ao pleno o estudo e a adopción de medidas para paliar os danos do pedrazo na Limia

Imprimir ppou - 13-Xullo-2017 - 19:32:24 


• A iniciativa do PP inclúe a avaliación urxente das perdas, o estudo das acción a realizar e, de se considerar, a petición á Xunta de Galicia da declaración de zona de emerxencia nas áreas afectadas

Ourense, 13 de xullo de 2017.- O grupo provincial popular ven de rexistrar unha moción para o seu debate en pleno para a avaliación e adopción de medidas, dentro das competencias da Deputación de Ourense, coas que paliar os danos causados polo pedrazo o pasado 6 de xullo na produción de pataca e cereal en varias zonas da Limia.

Tal e como recolle a moción, o pedrazo ocasionou danos moi graves nas plantacións de pataca e cereal, aínda que tamén noutros cultivos como chícharo e repolo, producindo perdas estimadas ata nun 100 % do produto en medio millar de hectáreas en zonas de Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Sandiás.
 
Esta situación, entende o grupo popular, require unha atención especial por parte da Deputacion dada a dimensión dos danos e da produción afectada, tendo en conta sobre todo a incidencia que terá na economía das áreas afectadas, “xa que preto de medio cento de familias están a ver en risco a viabilidade de toda a súa colleita coas perdas económicas que elo conleva”.

Destacan os populares que a produción de pataca e cereal é un elemento clave na economía da comarca limiá, así como unhas das máis importantes de Galicia, por iso o sector agrícola require o estudo e a adopción de medidas que axuden a paliar os danos ocasionados.

Aínda que as perdas ocasionadas polo pedrazo están a ser avaliadas con precisión, os danos no cultivo do tubérculo poderían alcanzar ata o 30 % da produción final, mentres que polo respecta ao cereal a perda é absoluta.

Na súa iniciativa, o grupo provincial popular formula tamén a posibilidade, de se considerar necesario, de requerir á Xunta de Galicia a declaración de zona de emerxencia nás áreas afectadas.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: