Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 “Patinazo” e falta de respecto institucional do presidente da Fegamp

Imprimir ppou - 13-Xullo-2017 - 19:29:59 


• O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, afirma que a reunión celebrada hoxe, convocada por Alfredo García, “é unha utilización política de alcaldes” e “unha intromisión ilexítima do presidente da Fegamp nas competencias dun goberno provincial” 

Ourense, 11 de xullo de 2017.- O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, cualificou de “patinazo” e de “falta de respecto institucional” a reunión celebrada hoxe en Ourense a instancias de Alfredo García, alcalde do Barco e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), “xuntanza que supuxo unha utilización política de alcaldes” e “unha intromisión ilexítima do presidente da Fegamp nas competencias dun goberno provincial”, afirma Manuel Baltar.

O presidente dos Populares ourensáns destaca que a actitude de Alfredo García “é unha demostración de calquera cousa menos de respecto institucional, convocando unha reunión agochada ao seu comité executivo e á xunta de portavoces”, ademais de resultar un fracaso absoluto de convocatoria, xa que asistiron 18 -menos do 20 % dos alcaldes e alcaldesas-, e utilizando canles institucionais para convocar un acto a todas luces partidista.

Baltar remarca “a intromisión ilexítima do presidente da Fegamp nas competencias propias dun goberno provincial: o único con maioría absoluta de Galicia”, e a “utilización de alcaldes e alcaldesas nunha pantomima que montan os "profesionais da política" de PSOE e BNG pagados pola Deputación”.

O presidente do PPOU afirma que o alcalde do Barco “vén de demostrar que non ten altura política para representar ao municipalismo galego”, e que a Deputación de Ourense xa transmitiu a queixa correspondente.

Manuel Baltar considera que esta é “unha estratexia burda para asomar a cabeza con vistas ao congreso rexional do PSOE, outro desvarío máis logo de amosar o seu inexistente olfacto político apoiando a Patxi López nas primarias socialistas”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: