Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Manuel Baltar pide aos mozos de Novas Xeracións do PP “autenticidade e espontaneidade” no seu labor político

Imprimir ppou - 08-Xullo-2017 - 15:09:21 


• No congreso local de Ourense da organización xuvenil, o presidente provincial popular lembrou que en todas as candidaturas das municipais de 2019 haberá xente moza, “porque sodes os que estades a construír o país”.

• Sergio Rodríguez, elixido novo presidente da agrupación local, comprometeuse a traballar dende o PP polo proxecto de Jesús Vázquez “que é o que verdadeiramente necesita esta cidade”.

Ourense, 8 de xullo de 2017.- O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, pediu hoxe “autenticidade e espontaneidade política” aos mozos da agrupación local de Novas Xeracións de Ourense, convocados no centro cultural Marcos Valcárcel para elixir ao seu novo presidente, cargo que exercerá desde agora Sergio Rodríguez Álvarez.

  
  
Na apertura do congreso local da organización xuvenil, Manuel Baltar reclamou aos mozos “ideas propias para aplicar nos territorios onde desenvolvedes o voso labor político”, destacando que “todo parte da premisa de crer en Ourense e saber cara onde queremos ir, o que permite imaxinar, innovar, planificar e xestionar”.

O presidente provincial repasou os últimos éxitos alcanzados polo PP nas últimas convocatorias electorais para afirmar que nas municipais de 2019 os populares tamén conseguirán un novo éxito “porque a diferenza doutras formacións, nós estamos sempre activos, ao carón de xente e conxugando o verbo escoitar”. Un traballo no que os mozos de Novas Xeracións terán un destacado papel, dixo, lembrando “que en todas e cada unha das candidaturas que presentemos ás eleccións locais será obrigatorio contar con xente moza, porque sodes os que estades a construír o país”.

Diante dunha nutrida representación da organización xuvenil e de cargos do PP ourensán, o recén elixido presidente da agrupación local, Sergio Rodríguez (Ourense, 1996) tivo palabras de agradecemento para todos os compromisarios que lle apoiaron, para o presidente saínte, José Estévez e mailo presidente provincial de Novas Xeracións, José Antonio Parente.

Rodríguez Álvarez comprometeuse a traballar “en positivo para Ourense nun escenario político pouco construtivo, cun proxecto galeguista e centrista como o que representa o PP”. Tamén en clave política dixo estar a disposición de todos os afiliados, dos representantes dos diferentes distritos da capital e dos concelleiros populares “porque para nós o proxecto de Jesús Vázquez é o que verdadeiramente necesita esta cidade”. Entre os seus obxectivos citou “traballar para os todos os mozos desta cidade, facendo énfase no ámbito universitario, nos mozos que están a procurar traballo e aqueles que están a pasar por maiores dificultades”.

Na clausura do congreso interviron o presidente nacional e autonómico de Novas Xeracións, Diego Gago, o presidente provincial da organización, José Antonio Parente, e o presidente da xunta local do PP de Ourense, Jesús Vázquez, que tiveron palabras de recoñecemento para o equipo saínte e pediron o compromiso do nova directiva para demostrar que a mocidade tamén pode compatibilizar formación e traballo coa vocación política.

O encontro finalizou co anuncio do nomeamento de Roberto Bermúdez como presidente de honra de Novas Xeracións na provincia.




Suscíbete:
Redes Sociales: