Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Manuel Baltar defende a contribución do PP de Ourense á estabilidade e solidez do goberno de Rajoy no primeiro ano de lexislatura

Imprimir ppou - 04-Xullo-2017 - 13:10:23 


• Para o presidente provincial popular, o traballo dos deputados e senadores ourensáns en Madrid “tamén nos axudan a posicionarnos cara o gran reto das municipais de 2019 onde esperamos alcanzar o noso teito histórico electoral”.

• O deputado Miguel Ángel Viso resumiu o traballo realizado nestes doce meses no Congreso e no Senado, “actividade parlamentaria que non son só números, senón tamén iniciativas que xeran un impacto na vida dos cidadáns, promoven beneficios sociais ou reformas que estimulan o crecemento”.

Ourense, 4 de xullo de 2017.- “Ourense contribuíu á estabilidade e solidez na acción do goberno de Mariano Rajoy cun éxito electoral sen precendentes hai un ano e ratificado despois nas autonómicas de outubro”, dixo o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, nunha comparecencia convocada para esta maña na sede popular ourensán para valorar estes primeiros doce meses de lexislatura, coa participación tamén do deputado Miguel Ángel Viso e a maila senadora Carmen Leyte.

  
  
“Os nosos representantes no Congreso e no Senado están en política para traballar, para impulsar o diálogo e falar en positivo, apuntou Manuel Baltar, “moi lonxe doutros posicionamentos que estamos cansos de ver e que só teñen como obxectivo desaloxar a Rajoy da Moncloa”. 

Na actualidade, engadiu, a política económica que está a dar os seus froitos e a estabilidade que lle deu Rajoy ao país se reflicte en datos de xestión, como a nova previsión de crecemento que nos achega ao 3 % ou os bos datos de emprego que tamén nos poñen máis preto deses 20 millóns de empregos cara o 2020.

“A todo isto contribuímos desde Ourense, cun proxecto sólido a nivel nacional, autonómico e provincial, que nos posiciona cara o gran reto das municipais de 2019 onde esperamos alcanzar o noso teito histótico electoral cun só segredo: a actividade permanente”.

O deputado Miguel Ángel Viso, que encabezou a lista popular pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de decembro de 2015 e xuño de 2016, foi o encargado de facer un resumo do ano lexislativo, poñendo énfase no traballo desenvolvido tanto en pleno como nas comisións das que forman parte polos tres deputados e os tres senadores que representan á provincia.

Destacou Viso que o PP recolleu a mensaxe que enviou a sociedade tras as eleccións de xuño “e que co obxectivo da estabilidade e a certidume política nos dixo que compría entendernos con outras forzas políticas e poñer en marcha accións e pactos que beneficiaran o interese xeral”.

Así, citou os 150 compromisos “perfectamente definidos” no acordo asinado con Cidadáns e dos que o 60 % xa están cumpridos ou en avanzada fase de cumprimento, así como o pacto con Coalición Canaria para a aprobación dos orzamentos xerais do Estado.

Entre os logros máis importantes deste primeiro ano de lexislatura, “grazas aos acordos alcanzados con outras forzas políticas” apuntou Viso o aumento do salario mínimo interprofesional un  8%, os cambios na Lei Integral de Autónomos, o bono social enerxético, a devolución das cláusulas solo das hipotecas, a mellora da atención ás persoas paradas de longa duración, a ampliación do permiso de paternidad de 2 a 4 semanas, a activacion da subcomisión para o pacto social e político pola educación, a posta en marcha dunha subcomision para definir una estratexia nacional contra a violencia de xénero ou, entre outras, a creación dunha comisión permanente contra a corrupción e para a calidad democrática.

Para Miguel Ángel Viso, non obstante, o gran éxito deste tempo de lexislatura foi a aprobación dos orzamentos xerais do Estado, xa ratificado polo Senado. Un documento económico “que alcanza o máis alto nivel de consenso e madurez da etapa democrática, ratificado polo maior número de forzas parlamentarias (7) e os máis sociais da historia, pois de cada 100 euros, 72 están adicados a políticas sociais”.

Para o deputado popular, a actividade parlamentaria non son só números, senón tamén iniciativas que xeran un impacto na vida dos cidadáns, promoven beneficios sociais ou reformas que estimulan o crecemento. Nesta liña destacou que “España crece hoxeo dobre que Alemaña e o triple que Francia e Italia. Se en 2016 crecimos un 3,2 % do PIB agora as previsións actualizadas nos levan ata o 3 %, é dicir, catorce trimestres consecutivos medrando e reducindo o déficit”.

Neste punto salientou os datos do emprego, “dos que hoxe coñecimos unha boa noticia con 840 parados menos na provincia e preto de 1.500 menos no último ano”. Agora, “pasamos de destruir 1.200 postos de traballo diarios en 2011 a que 2.700 persoas atopen emprego cada día, incrementando a contratación indefinida casi un 14,8 % e recuperando dous de cada tres empregos perdidos durante a crise”
.
Para os proximos doce meses, Miguel Ángel Viso citou como obxectivos a mellora do estado do benestar garantindo unha educación e unha sanidad de calidade, a viabilidade do sistema de pensións ou a rexeneración democrática, sen deixar de citar asuntos de máximo interese para Ourense como as obras do AVE ou a próxima negociación dunha nova política agraria común.


Suscíbete:
Redes Sociales: