Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP de Coles pide a retirada da orde do día do pleno da aprobación do PXOM por falta de transparencia na información do expediente

Imprimir ppou - 28-Xuño-2017 - 16:09:06 


• O portavoz popular, Luis Antonio Iglesias, denuncia a carencia de tempo “para o exhaustivo estudo dun asunto que require un profundo debate, sobre todo cando foron rexeitadas o 90 % das alegacións presentadas”.

Ourense, 28 de xuño de 2017.- O grupo municipal do Partido Popular de Coles presentou esta mañá un escrito no rexistro municipal no que solicita a retirada da orde do día do pleno ordinario previsto para o venres, día 30, do punto relativo á aprobación provisional do PXOM, “por falta de transparencia, información e tempo para o estudo exhaustivo da documentación”, manifestou o portavoz popular, Luis Antonio Iglesias Fernández.

O representante do PP explicou que a mediados do pasado maio o DOG publicou unha resolución sobre a memoria ambiental do PXOM de Coles, documento ao que se presentaran 700 alegacións. Delas, a resolución só aceptou o 7 % (51), estimando parcialmente outras 40 e rexeitando as 609 restantes.

Diante do elevado número de alegacións desestimadas, o grupo popular solicitou o 12 de xuño o “acceso e vista” ao expediente do PXOM “sin que fose atendida a nosa petición”, denunciou Iglesias. O martes a última hora, engadiu, “recibimos a orde do día do pleno e hoxe personámonos nas dependencias municipais para ver a documentación, que só nos foi facilitada a última hora”.

Esta actitude, criticou o portavoz do PP, “pon de manifesto a total falta de transparencia na tramitación do plan, que foi aprobado inicialmente hai cinco anos (novembro de 2012), e agora veñen as présas para a aprobación provisional sen analizar por que foron rexeitadas case que 90 % das alegacións”.

Un asunto desta importancia, advertiu Luis Antonio Iglesias, “é merecente dun exhaustivo estudo e dun debate máis profundo, tal e como se fixo coa aprobación inicial, para á que se convocou un pleno extraordinario”.


Suscíbete:
Redes Sociales: