Noticias
Blog
Reunión da Comisión de Igualdade da Xunta Local do Partido Popular de Ourense
Ourense, 24 de xuño de 2017.- A Comisión de Igualdade da Xunta Local do Partido Popular de Ourense mantivo o sábado, día 24, unha reunión á que asistiu a coordinadora da área de Igualdade do Partido Popular de Galicia, Susana López Abella, que estivo acompañada polo presidente da Xunta Local, Jesús Vázquez, a presidenta da comisión do PPOU, María Antonia Rilo, e membros locais deste órgano de traballo da formación popular.
Susana López abordouá na súa intervención as medidas e propostas a ter en conta para traballar polo camiño da igualdade e pola erradicación da violencia de xénero.
Na reunión tamén se adiantou unha iniciativa da Comisión de Igualdade da Xunta Local, que proxecta a creación dunha rede ourensá contra a violencia de xénero, que estará integrada por homes e mulleres pertencentes a entidades, asociacións e colectivos ourensáns.