Noticias
Blog
Novas Xeracións inicia a renovación e constitución das xuntas locais coa elección da nova presidenta no Concello da Bola
• O presidente provincial, Manuel Baltar, loubou o paso adiante dado por Lorena Pereira, elixida presidenta da xunta local xuvenil do PP, destacando que “para a política non hai idade, senón madurez e compromiso”.
Ourense, 19 de xuño de 2019.- “Para a política no hai idade e os mozos están a demostralo poñendo hoxe en marcha a agrupación da nosa organización xuvenil na Bola”, dixo o presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, no congreso que Novas Xeracións celebrou esta tarde neste concello e no que os compromisarios elixiron por unanimidade a Lorena Pereira Pardos como presidenta da agrupación local.
Manuel Baltar loubou o paso adiante dado por Lorena Pereira “como exemplo de compromiso e de madurez política, ofrecéndose a traballar polo benestar dos mozos do seu concello e arrimar o ombreiro cara a próxima cita electoral”. Un exemplo de traballo continuo da formación popular, engadiu, “que a primeiros de ano elixiu á presidenta e á xunta local do PP neste municipio e, agora, suma esforzos coa mocidade local na planificación e estratexia política que para Ourense que lidera este partido”.
A renovación que está a desenvolver o PP por toda a provincia, dixo o presidente provincial, “non sería posible se non contásemos co pulo dos mozos ourensáns”, lembrando neste sentido que os órganos de dirección do partido pediron os presidentes das agrupacións locais e os candidatos que conten cos mozos de Novas Xeracións para as listas municipais no 2019.
Na súa intervención xa como presidenta, Lorena Pereira Pardos (A Bola, 1994) comprometeuse “para estar á altura da confianza depositada en mín polos compañeiros da xunta local”.Afirmou que as liñas de actuación do seu proxecto pasan por “traballar polos mozos da Bola, contando coa súa opinión e suxestións”, mentres que en clave política afirmou que o seu obxectivo “é contribuír a mellorar os últimos do Partido Popular neste municipio nas próximas eleccións locais”.
Entre tanto, o presidente provincial de Novas Xeracións, José Antonio Parente Camino, subliñou que con esta cita “poñemos en marcha un proceso de renovación e constitución de novas xuntas locais, seguindo a liña de traballo do PP ourensán e demostrando que o labor político debe ser unha constante e non só en periodo electoral”.