Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Unha iniciativa do PP propón unha actuación urxente na contorna dos núcleos rurais para a súa protección fronte aos incendios forestais

Imprimir ppou - 15-Xuño-2017 - 14:08:34 

  • Xunto con esta moción para o seu debate no pleno de xuño, o grupo provincial popular rexistrou hoxe unha segunda proposta  de colaboración cos concellos para a elaboración dos inventarios municipais de bens inmobles.
Ourense, 15 de xuño de 2017.- A grave escaseza de precipitacións que está a sufrir desde hai meses a provincia de Ourense e a proximidade dun verán que, segundo as axencias de meteoroloxía, tamén se agarda seco e caloroso, é a premisa da que parte a moción presentada polo PP para poñer en marcha unha actuación urxente na contorna dos núcleos rurais para a súa protección fronte o elevado risco de incendios forestais. A esta iniciativa engádese outra proposta do grupo provincial popular, ambas as dúas rexistradas esta mañá, na que formulan unha liña de colaboración cos concellos para a elaboración dos inventarios municipais de bens inmobles.

No tocante á primeira das propostas, o grupo popular destaca que a Deputación de Ourense xa ven de colaborar coas administracións locais da provincia en tarefas de roza, así como coa administración autonómica facilitando maquinaria da institución provincial en traballos de extinción de incendios cando así se require.

Profundando nestas actuacións, os populares propoñen agora unha nova liña de cooperación co goberno autonómico “coa elaboración dun estudo urxente para a preparación de franxas de biomasa, como medida de protección contra incendios forestais nos núcleos de poboación dos concellos”.

Para o PP, o elevado risco de incendios pola grave seca deste ano obriga a prestar especial atención á protección dos núcleos rurais, moitas veces en perigo pola proximidade de árbores e matogueira.

Por esta razón, engade o PP, compre controlar a existencia de biomasa con alto potencial combustible preto dos pobos, instalacións industriais e de recreo, asegurando a súa retirada.  Neste sentido, a Lei de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia xa fala da xestión da biomasa para a protección e seguridade das persoas. 

Inventario do patrimonio municipal
A cooperación cos concellos tamén está na base da segunda das mocións rexistradas polo PP, que desta volta propón facilitar aos concellos os estudos e informes técnicos necesarios para elaborar os seus respectivos inventarios municipais de bens inmobles, “unha ferramenta esencial posto que facilita o rexistro, manexo e control de todos os bens e dereitos que integran o patrimonio local”, destaca a iniciativa.

Os populares lembran que a xestión eficiente dos recursos municipais procura máximas garantías aos concellos no desenvolvemento de proxectos e actividades, ademais da posibilidade de obter unha maior rendibilidade dos mesmos.

Así, nos inventarios recóllense, con suficiente detalle, os datos necesarios para identificar a realidade patrimonial dun concello, a situación xurídica na que se atopan os seus bens, as limitacións que lles poden afectar, o destino e uso ou calquera outra circunstancia relevante.

Con esta proposta, o grupo popular quere facilitar os concellos que dipoñan dun completo, exacto e actualizado inventario do patrimonio que recolla as características, valor e importancia dos seus bens, axudando ao tempo a delimitar responsabilidades, á súa conservación e defensa.


Suscíbete:
Redes Sociales: