Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O alcalde de Ribadavia incumpre o seu compromiso de arranxar a fosa colectora de As Chabolas

Imprimir ppou - 05-Xuño-2017 - 13:59:57 


• O rexedor mentiu unha vez máis cando dixo na prensa que tomaría as medidas inmediatas para arranxar a fosa, tras a denuncia pública da situación por parte do Partido Popular.

• A día de hoxe as arquetas continúan abertas e un regueiro de auga mesturada con lodos verque de xeito absolutamente descontrolado cara ao exterior da fosa.

Ribadavia, 2 de xuño de 2017.- O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia ven de presentar un escrito no rexistro municipal instando ao goberno a acondicionar e asegurar, de xeito inmediato, a fosa colectora que se atopa na localidade de As Chabolas. Unha solicitude que xa fixéramos o 21 de decembro de 2016 e á que o señor alcalde continúa sen facer caso.

Esta fosa, que recolle tanto augas pluviais como fecais da localidade, atópase nun estado de abandono absoluto. Existen arquetas sen tapa que fácilmente poden provocar un accidente ou a caída dalgún animal. Ademais, a fosa non está correctamente selada e as augas e lodos verquen de xeito descontrolado cara ao exterior. 

Segundo o voceiro do grupo popular, César Fernández, “o alcalde de Ribadavia volveu a mentir unha vez máis ao dicir nos medios de comunicación que tomaría as medidas inmediatas necesarias para arranxar esta fosa xa que hoxe, seis meses despois, a situación segue exactamente igual. O alcalde non fixo nada por arranxar esta fosa; agora ben, o que si fixo foi mentir á veciñanza, algo que como podemos comprobar dáselle bastante ben” 

O voceiro popular César Fernández, sinalou que “esta é unha mostra máis do abandono ao que está sometido o concello de Ribadavia pola neglixencia do seu goberno; un goberno que a pesares de coñecer dende hai tempo a necesidade de acometer actuacións neste entorno, non fai caso e mira cara outro lado abandonando á súa sorte aos veciños de As Chabolas”. 

O voceiro popular quixo lembrar que, “o pasado mes de novembro, o grupo popular presentou unha serie de propostas para ser incluídas no orzamento municipal 2017, entre as que se atopaba a dotación dunha partida orzamentaria para acometer a obra de extensión da rede municipal de abastecemento de auga e saneamento ás localidades de As Chabolas, A Groba e Sanín, o que remataría con este problema para sempre. Cómpre lembrar que o goberno municipal non fixo caso desta petición e non implementou esa partida económica, unha das razóns polas que o grupo municipal do Partido Popular votou en contra do orzamento 2017”. 

Fernández salientou que “por todo isto, vimos de presentar, unha vez mais, unha solicitude no rexistro municipal instando ao goberno a poñer fin dunha vez a esta situación que está a provocar un problema ambiental e de seguridade pública para a veciñanza da localidade de As Chabolas. Agardamos que desta volta o alcalde e o seu goberno reaccionen e tomen as medidas oportunas para asegurar este entorno e non opten por volver a mentirlle á veciñanza”. 


Suscíbete:
Redes Sociales: