Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP de Barbadás reclama abrir os concursos de contratos menores ás pemes locais para que non caian sempre nas mesmas empresas

Imprimir ppou - 05-Xuño-2017 - 13:57:17 


• Os populares propoñen crear un rexistro municipal de empresas e que se lles informe cando hai unha oferta por parte do Concello.

• A medida supoñería un abaratamento dos custos para o municipio debido á competencia entre máis candidatos a ofrecer os servizos.

• Reclama ao Concello que destine 100.000 euros dos Plans Provinciais da Deputación para mellorar o campo de fútbol dos Carrís.

Ourense, 04 de xuño de 2017.- O grupo popular de Barbadás solicitará no pleno de xuño a creación dun rexistro municipal de pemes, así como un maior control e transparencia nos concursos de contratos menores do Concello para evitar que sempre recaian nas mesmas empresas.

A moción avoga por crear un rexistro municipal que informe as empresas de Barbadás sobre as ofertas de contratación e poña luz ao actual proceder do grupo de goberno de Barbadás sobre este tipo de contratos. 

A formación que encabeza Consuelo Vispo considera que ultimamente o grupo de Goberno está fraccionando as contratacións de forma abusiva co obxectivo de reducir os importes das obras e usar este tipo de procedemento que lle permite contratar sen publicidade. 

Para poñer fin a esta situación reclama a posta en marcha dun protocolo que unifique os criterios de tramitación deste tipo de contratos. 

O primeiro paso sería a creación dun rexistro local de pemes ás que se lles informaría sobre a posiblidad de concorrer a calquera convocatoria de contratos menrores. 

A medida supoñería un aforro económico para o Concello debido á competencia de prezos entre as empresas; pero tamén redundaría en beneficio das pemes locais ao abrirlles unha oportunidade de negocio á que agora non teñen acceso.

Maior transparencia
A proposta tamén avoga por unha maior transparencia por parte do goberno de Xosé Carlos Valcárcel neste tipo de contratos. 

Para iso reclama que a web do Concello e o taboleiro de anuncios ofrezan información sobre as licitacións que se vaian a realizar e os convenios xa existentes en materia de contratos menores. 

Ademais, pídese a creación dunha comisión informativa de control de contratos menores na que se dará conta de todos os contratos aprobados ou en tramitación.
 
Moción sobre o campo dos Carrís
Os populares tamén reclamarán ao Goberno local a que se comprometa a recuperar o campo de fútbol dos Carrís, obras orzadas pola Unión Deportiva de Barbadás en 390.000 euros . 

Con este obxectivo, a agrupación que encabeza Consuelo Vispo esixirá ao grupo de Goberno que destine os 100.000 euros previstos para os próximos dous anos nos Plans Provinciais para cubrir parte das obras e o compromiso de captar doutras administracións as axudas necesarias para completar a remodelación. 

O PP de Barbadás esixe ao alcalde unha resposta ante o deixamento e deterioración preocupantes do campo de fútbol municipal, cuxa falta de mantemento pode provocar problemas de seguridade e saúde aos seus usuarios.


Suscíbete:
Redes Sociales: