Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Congreso dos Deputados aproba unha iniciativa parlamentaria para a declaración do Día das Linguas Ibéricas

Imprimir ppou - 01-Xuño-2017 - 16:07:31 


• Mediante unha proposición non de lei, aprobada por unanimidade e defendida pola deputada do PP Ana Belén Vázquez, o obxectivo é protexer e difundir as linguas españolas e portuguesa, así como aos seus escritores, como patrimonio cultural, social e lingüístico.


Ourense, 1 de xuño de 2017.- O Congreso aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, presentada polo PP e defendida pola deputada ourensá Ana Belén Vázquez, na que se insta á declaración do Día das Linguas Ibéricas, co obxectivo de que se convirta nun instrumento de difusión das linguas españolas e portuguesa, así como dos seus escritores, como patrimonio cultural, social e lingüístico.

A iniciativa parlamentaria defendida polo PP foi proposta pola Asociación de Casas Museo e Fundacións de Escritores e a Fundación Curros Enríquez, entidades que estiveron representadas no Congreso polo presidente da asociación española, Ibón Arbaiza, e o secretario da fundación ourensá, Antonio Piñeiro.

  
  
Na comisión de Cultura do Congreso, todos os grupos políticos amosaron o seu apoio á proposición, que mesmo recibiu o eloxio dos nacionalistas vascos polo que supón de recoñecemento ás linguas propias.

Para impulsar a declaración do Día das Linguas Ibéricas, a proposición insta o Goberno a que traslade esta iniciativa ao executivo portugués e conta ademais coas catro academias das linguas de España: a Real Academia Española, a Real Academia Galega, o Instituto Catalán da Lingua e a Euskaltzindia.

O documento aprobado hoxe toma como punto de partida a Constitución Española, que no seu artigo 3.3 establece que a riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección, tarefa na que segundo esta iniciativa os poderes públicos deben realizar todas as accións necesarias para a súa conservación como legado a futuras xeracións.

Ademais das linguas oficiais recoñecidas nos diferentes estatutos de autonomía tamén existen variantes valoradas e utilizadas nos seus lugares de orixe, como o asturiano, aragonés, fala ou o asubiar gomero, inscrito este último na lista de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, e en Portugal o mirandés recoñecido como lingua oficial en 1998.

Destaca a proposición que aos escritores de finais do século XIX e boa parte do século XX débeselles o recoñecemento pola súa contribución na protección e conservación deste patrimonio, mediante o achegamento de autores galegos, vascos, cataláns e portugueses ao exercer entre eles de tradutores e divulgadores uns doutros.

Se desde organismos internacionais como a UNESCO propúxose a celebración de días internacionais ou días mundiais co obxectivo de sensibilizar ao público acerca de moi diversos temas, de igual maneira que diferentes comunidades autónomas con lingua cooficial teñen no seu calendario fixado un día con tal finalidade, agora destaca a proposta tamén se quere impulsar o Día das Linguas Ibéricas.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: