Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar pide “máis forza, participación e o compromiso de todos os afiliados” co proxecto do PP ourensán cara ás municipais

Imprimir ppou - 23-Maio-2017 - 18:08:41 


• Na xunta directiva popular, celebrada hoxe, o presidente provincial salientou a intensa axenda de reunións das xuntas locais, “que nos permitirá ser a única formación que dous anos antes das municipais xa teña deseñada a súa estratexia e designados aos seus cabezas de lista en toda a provincia”.

• A reunión desta tarde contou coa presenza de Román Rodríguez, membro do comité executivo do PPdeG, quen subliñou a firme aposta do partido e do goberno galego polo expediente de Ben de Interese Cultural da Ribeira Sacra que se iniciará este verán.

23 de maio de 2017.- O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, afirmou hoxe que o proxecto do PP ourensán cara ás municipais de 2019 “precisa do compromiso de todos os afiliados”, aos que pediu máis forza, enerxía e participación na actividade política do partido. Manuel Baltar lanzou esta mensaxe na reunión da xunta directiva provincial, celebrada esta tarde na sede popular, coa presenza de Román Rodríguez, membro do comité executivo do Partido Popular de Galicia.

  
  
O presidente provincial fixo balance da intensa axenda de reunións que as xuntas locais do partido están a celebrar por toda a provincia no presente mes e que finalizarán a próxima semana. Un proceso, dixo, “que nos permitirá ser a única formación que dous anos antes das municipais xa teña deseñada a súa estratexia e designados aos seus cabezas de lista en toda a provincia”.

Este obxectivo, engadiu, “demostra que somos un partido ambicioso, sen complexos e de consenso, facendo da renovación unha premisa básica pero un proceso natural, moi lonxe de guerras internas”.

Na convocatoria desta tarde estivo presente Román Rodríguez, membro do Comité Executivo dos populares galegos, quen trasladou a todos os presentes o compromiso do PPdeG coa defensa e promoción do patrimonio ourensán, destacando o firme compromiso do partido e do goberno galego co expediente de declaración de Ben de Interese Cultural da Ribeira Sacra, traballo que comezará este verán e se espera remate cara ao final desta lexislatura, como primeiro paso para a candidatura desta zona como Patrimonio da Humanidade.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: