Noticias
Blog
O PP de Galicia iniciou en Ourense os “Encontros sectoriais coa cidadanía”
O PPdeG iniciou en Ourense os "Encontros sectoriais coa cidadanía galega" que os populares poñen en marcha nas sete grandes cidades de Galicia.
Ourense foi elixida para debater sobre propostas relacionadas coa organización municipal diante das eleccións locais que terán lugar o vindeiro 22 de maio. Están convocados secretarios de concellos, interventores, candidatos, alcaldes e representantes veciñais, entre outros colectivos, ata un número aproximado de sesenta persoas que exporán a súa visión sobre o tema obxecto de debate e fornecer o proxecto político popular. Ao este encontro asistiu Pedro Puy, responsable do programa electoral marco do PPdeG, para recoller as inquedanzas e suxestións que se plantexaron e incorporalas a ese documento. Moderarou a xuntanza o candidato á alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, e pechou o acto o presidente provincial do PP, Manuel Baltar.